
A progresista asociación de estudantes IESGA manifestou a través dun comunicado de prensa a súa desconformidade coa suba de taxas de matrícula universitaria para o curso 2007/08. A suba será dun 4% xeral respecto do último ano en primeira matrícula, un 15% na segunda, un 35% na terceira e un 50% na cuarta, quinta e sexta matrícula.
A coordinadora da asociación, Azucena Rodríguez, manifestou o noso desacordo con esta suba que consideramos non só abusiva, senón tamén manifestamente inxusta para o estudantado. Entenden dende IESGA que nun sistema universitario coma o galego, inmerso no proceso de Boloña, no que se fomenta a responsabilidade do alumnado e profesorado no proceso de ensinanza-aprendizaxe, non se pode penalizar exclusivamente o alumnado cun incremento en segundas matrículas e posteriores de ata un 50%.
Rodríguez tamén falou de que non se está tendo en conta a responsabilidade do profesorado, así, manifestou semella un castigo moi esaxerado para o alumno ou alumna que suspende, sen ter en conta a responsabilidade do profesorado nestes suspensos, e animou á Consellería de Educación a avaliar tamén a calidade do profesorado. Esta penalización que sofre o alumnado non é a sufrida polo profesorado cando nas avaliacións de calidade resultan estar moi por debaixo do que sería desexable.
Ademais, segundo sinala a coordinadora de IESGA o incremento das taxas de matrícula universitaria que non vai parello ao incremento de bolsas ou da mellora da calidade do sistema, non é dende logo unha medida de xustiza social. As taxas de matrícula non se establecen en función da renda anual, senón que son iguais para todos; aplícase o concepto de igualdade, pero déixase fóra o concepto de equidade no que o reparto se fai en función das necesidades e posibilidades.
Para Azucena Rodríguez esta medida semella o comezo dun camiño de volta a unha universidade de elite, universidade á que só poden acceder ou permanecer nela aqueles que dispoñen de maiores posibilidades económicas. Dende logo non é o que se espera dun goberno que se denomina progresista, engadiu.
Rodríguez tamén criticou que non se contactase cos estudantes á hora de fixar a suba de taxas, Formamos parte da universidade igual que os outros sectores e non entendemos que non se nos consulte unha medida de tanto calado para o estudantado manifestou.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.