Notas de prensa

Recepción aos deportistas de Special Olympics que asistiron aos Xogos Mundiais de Shangai

Os participantes na modalidade de baloncesto conseguiron unha medalla de bronce, e os de fútbol acadaron un cuarto posto.

O director xeral de Acción Social, Bieito Seara, recibiu en San Caetano aos oito deportistas galegos de Special Olympics Galicia que participaron nos Xogos Mundiais de Verán de Shangai, que se celebraron do 28 de setembro ao 11 de outubro. A delegación galega formou parte da delegación de Special Olympics España. A Vicepresidencia da Xunta, a través da Dirección Xeral de Acción Social, colabora este ano con Special Olympics Galicia cunha achega total de 180.000 euros, na que se inclúe a participación nesta iniciativa.

Os deportistas das asociacións ASPAS de Compostela e de ASPRONAGA da Coruña participaron, xunto aos demais membros do equipo español, nas modalidades de baloncesto e de fútbol 5, acadando a medalla de bronce en baloncesto ao gañar a Austria por 12-7. En fútbol sala conseguiron o cuarto posto ao seren derrotados por India cun resultado de 0-6.

Os deportistas galegos que viaxaron a Shangai foron Antonio Fernández (ASPAS), Sergio Barbeito (ASPRONAGA), Juan Antonio Otero (ASPRONAGA) e José Luís Pérez (ASPAS), que competiron en baloncesto. Mentres, en fútbol 5 competiron Jesús Cabo (ASPAS), José Leopoldo Sastre (ASPAS), Luís Esteban Vilar (ASPRONAGA) e Juan Carlos Sánchez (ASPAS).

Nos Xogos Mundiais de Verán de Shangai participaron 7.200 atletas de 163 países. Estes xogos son previos á celebración dos Xogos Olímpicos do vindeiro ano na capital chinesa e convertéronse no maior evento deportivo mundial de recoñecemento ao colectivo de persoas con discapacidade intelectual.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2007-10-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES