
Perante as novas aparecidas nos últimos días e relacionadas co denominado fenómeno do botellón, a directora xeral de Comercio, da Consellaría de Innovación e Industria, Ana Rúa desexa realizar as seguintes puntualizacións: Sen entrar no fondo desta cuestión, que posúe un calado social amplo e no que atinxe ás cuestións estritamente comerciais compre lembrar que a nova Lei de Horarios Comerciais faculta no seu artigo 10 aos concellos para que no ámbito do seu termo municipal poidan acordar de maneira singularizada e por razóns de orde pública a prohibición de expender bebidas alcohólicas desde as 22:00 horas ate as 9:00 horas do día seguinte, sinala.
Ana Rúa, explica que esta prerrogativa que recolle a nova Lei de Horarios Comerciais, en vigor desde o 29 de decembro de 2006, pode aplicárselle aos establecementos comerciais con independencia do réxime de apertura que lles fose aplicábel. A imposición desta prohibición corresponderá polo tanto aos concellos, únicos lexitimados para tomar esta medida por razóns de orde pública, e unicamente deberá ser comunicada posteriormente á dirección xeral competente, é dicir, á Dirección Xeral de Comercio. A medida afectará aos establecementos comerciais que inclúan na súa oferta a venda de bebida alcohólicas.
Consciente da situación social xerada polo chamado botellón engade a directora xeral de Comercio, Ana Rúa- a Consellaría de Innovación e Industria o que fixo a través desta lei é facultar aos concellos para que tomen as medidas competentes. Os concellos dispoñen, polo tanto, de todos os instrumentos legais para actuar no momento en que o consideren necesario por razóns de orde pública, engade.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.