Notas de prensa

Convocados os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica

Os galardóns forman parte dos Premios Galicia de Investigación, que este ano celebran a súa décima edición.

A Consellería de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (do 10 de outubro de 2007) os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2007. O obxectivo destes galardóns, que este ano cumpren o seu décimo aniversario, é recompensar e favorecer o recoñecemento social do traballo de investigadores prestixiosos realizado desde Galiza, por galegos e en pro de Galiza e estimular o labor dos investigadores mozos.

Os Premios Galicia de Investigación foron creados en 1998 e hoxe en día constitúen o principal recoñecemento institucional ao traballo realizado polos investigadores na nosa Comunidade. Cada ano e de xeito rotativo dedícanse a unha das seguintes grandes áreas da investigación: a social, a científico-técnica, a humanística e a sanitaria. Felipe Casanueva, Luis Castedo, Ãngel Carracedo e Xosé Manuel Sabucedo son algúns dos galardoados nestes dez anos de edición.

ÃREA CIENTÃFICO-TÉCNICA

Este ano correspóndelle o protagonismo á área científico-técnica, convocándose os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica. O galardón está composto por dúas categorías: a de investigador sénior, de recoñecemento a toda unha carreira investigadora, e a de investigador mozo, para mozos que comezan a destacar no seu labor investigador. A Consellería de Innovación e Industria aumentou este ano a dotación económica dos premios, elevándoa na categoría sénior de 37 a 38.000 euros e, na categoría de investigadores mozos, de 6.100 a 7.000 euros.

Os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación na categoría sénior están dotados con 38.000 euros, así como un diploma acreditativo e un medallón esculpido en bronce coa efixie e o nome de Antonio Casares y Rodrigo. Poderán optar a este galardón aquelas persoas que veñan realizando investigación, polo menos, desde hai vinte anos na área científico-técnica. Os candidatos serán propostos por algunha institución académico-científica, pública ou privada con personalidade xurídica propia, ou, no caso de que concorran por iniciativa propia, estarán avalados polo menos por dez investigadores da área.

Pola súa banda, os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación na categoría de investigadores mozos están dotados con 7.000 euros. Poderán optar a este galardón os investigadores e investigadoras que veñan realizando investigación na área científico-técnica, sempre que non transcorresen máis de seis anos desde a presentación da súa tese de doutoramento.

Nas dúas categorías os investigadores deberán cumprir algún dos seguintes requisitos: estar adscritos a centros públicos ou privados de investigación situados en Galiza; ser investigadores galegos non vinculados a centros situados en Galiza ou investigadores que, non cumprindo os anteriores requisitos, abordasen temas directamente relacionados con Galiza.

Os premios utilizan como referente a un investigador de recoñecido prestixio histórico en cada unha das áreas. Esta edición adícase á investigación científico-técnica e supón unha homenaxe á figura de Antonio Casares y Rodrigo (1812-1888). Nacido en Monforte de Lemos, estudiou Mediciña e Farmacia en Santiago e foi rector da Universidade compostelá dende 1870. A súa fama no campo da Química trascendeu moi pronto o ámbito nacional sobresaíndo, entre os seus múltiples traballos e publicacións, as análises e estudos que realizou sobre as augas minerais de Galiza e do Estado español.

INFORMACIÓN E SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG. De conformidade coa lexislación vixente, o cómputo deste prazo farase de data a data. As solicitudes presentaranse na Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, da Xunta de Galicia, na rúa Feáns, 7, local C, C.P. 15706 Santiago de Compostela, ou por calquera dos procedementos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Completa información en: http://www.conselleriaiei.org/dxidi/

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260622-xunta.JPG) O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, subliñou esta mañá en Santiago o potencial da Comunidade galega no emprego da madeira no eido da construción gracias ao esforzo de todos os axentes do sector forestal-madeira e do compromiso do Goberno galego para impulsar o emprego deste elemento nas edificacións que se están a levar a cabo na rexión co apoio da Administración autonómica. Fernández Ríos realizaba estas declaracións no marco da inauguración da xornada sobre o proxecto europeo de construción sustentable Life timber for all.
Foto de la tercera plana (doazon-sangue-bus.jpg) Galicia situouse en 2025 como a terceira comunidade autónoma en taxa de doazón de España, cun índice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes. Segundo os datos que o Ministerio de Sanidade fixo públicos, con motivo da conmemoración do Día Mundial do Doante de Sangue, as campañas de doazón desenvolvidas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permitiron situar Galicia nos primeiros postos, ao rexistrar 39 doazóns por cada 1.000 habitantes, sendo soamente superada por Estremadura (47/1.000) e Castela León (45/1.000).

Notas

O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO acaba de incorporar un microscopio hiperespectral de campo escuro que permitirá estudar nanopartículas individuais e coñecer con maior precisión as súas propiedades ópticas. A nova infraestrutura supón un importante avance para o desenvolvemento do proxecto Chiral-Pro, financiado polo Consello Europeo de Investigación cunha ERC Synergy Grant e centrado en comprender como interactúan as nanopartículas quirais con proteínas e outras biomoléculas.
A Deputación da Coruña entregou no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Cidade das TIC, os Premios do Plan de Emprego Local (PEL) 2026, os galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano o talento, a innovación, a capacidade de xerar emprego e o compromiso co territorio das empresas, autónomos e iniciativas emprendedoras da provincia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES