
Máis de 250 alumnos comezaron o curso no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) nalgunha das titulacións que este imparte en Santiago de Compostela. O resto, alumnos do Gran Diploma de Xestión en Establecementos Hostaleiros, empezarán en novembro as clases. A matrícula neste curso 2007-2008 suma en total 380 alumnos, dos que 108 son novos alumnos.
Por titulación, cursan Certificado de Elaboración e Xestión de Cociña 41 alumnos; o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, 222, e o Gran Diploma de Dirección e Administración de Empresas Hostaleiras, 118 alumnos.
O CSHG caracterízase por ofrecer unha formación de calidade en contacto coa realidade do sector, que lle reporta o recoñecemento dos empresarios do sector turístico dentro e fóra do país. Proba disto é o feito de que nove de cada dez antigos alumnos empréganse ao pouco de saír do Centro.
Unha das sinais de identidade son as prácticas tuteladas en empresas stages prácticos, que se realizan cada ano no departamento correspondente aos estudos do alumno, en empresas tanto de España como do resto de Europa, África e América, e que son unha sinatura máis do Plan de Estudos.
Este ano ademais acoden alumnos de Vietnam (3) e Palestina (2), logo de asinar convenios de colaboración co CSHG.
Outras actividades
O CSHG conta cun equipo de Consultoría e Formación elixido por algúns dos principais grupos hostaleiros que operan en España para formar aos seus directivos e mandos intermedios. O departamento traballa actualmente en proxectos en España e noutros países.
En Galiza, o CSHG iniciou unha serie de contactos con responsables do proxecto Cantinas do Eume para darlle un novo pulo a unha iniciativa hostaleira que actualmente conta con cinco establecementos de Monfero, A Capela, Pontedeume e Vilarmaior. Os propietarios recibirán asesoramento profesional do CSHG e a posibilidade dunha maior promoción a través da acción de Euroeume e outras entidades e organismos públicos e privados que dan a coñecer a oferta turística da comarca do Eume.
Desde maio, o departamento tamén organiza un Máster de Dirección de Negocios Turísticos para a Junta de Extremadura e Turextremadura. O CSHG gañou o concurso organizado por estas dúas entidades para facilitar aos seus directivos hostaleiros extremeños unha formación ampla, profesional e actualizada na mellora da xestión e dirección dos seus negocios turísticos.
No plano internacional, realízanse accións formativas e de asesoramento en Sri Lanka, México e Polonia co obxectivo de atender a crecente demanda de coñecementos hostaleiros e de asesoramento para establecementos hostaleiros que buscan no CSHG mellorar os seus servizos. E un grupo de 30 directivos de Vietnam estiveron dúas semanas nas instalacións do Centro nun Seminario Avanzado de Xestión Hostaleira.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.