Notas de prensa

O Sistema Universitario de Galicia participa en Arxentina e Chile na Feira Europosgraos

Este certame ten como obxectivo poñer ao alcance dos estudantes e profesionais dos respectivos países toda a oferta relacionada coa formación académica e profesional europea.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria participa, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), na feira Europosgraos, que se celebra en Chile e Arxentina. En concreto, entre os días 1 e 4 de outubro poderase visitar esta feira no Centro Cultural estación Mapocho, en Santiago de Chile, e nela están presentes máis de 60 institucións europeas de ensino superior. A este acto asiste o xefe do Servizo de Apoio e Orientación aos Estudantes universitarios da Dirección xeral de Ordenación e Calidade do SUG., Xosé L. Villar Iglesias.

No mesmo senso, Elena Goldar, asesora técnica en materia de Apoio e Orientación aos Estudantes universitarios será a representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Feira Europosgraos en Bos Aires, Arxentina, no Auditorio Buenos Aires Design, que se celebrará os días 5 e 6 de outubro. Neste evento máis de 100 universidades europeas terán un expositor.

O obxectivo desta feira é poñer ao alcance dos estudantes e profesionais dos respectivos países toda a oferta relacionada coa formación académica e profesional europea.

O Sistema Universitario de Galicia conta na actualidade con 75.000 alumnos, 5.500 profesores e 2.600 postos de Administración e Servizos distribuídos nos 7 campus das 3 universidades. Ademais, impártense 168 titulacións e xa se poden cursar 73 títulos oficiais de posgrao en liña cos obxectivos europeos que defende o Proceso de Bolonia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2007-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES