Notas de prensa

Vivenda e Solo licita o control de calidade da construcción de 160 vivendas protexidas en Mesoiro

O prazo para presentar as propostas permanece aberto ata o 23 de outubro. Trala adxudicación do contrato a empresa dispón dun prazo máximo de 28 meses para a súa execución.

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, saca a concurso por 129.290 € a contratación do control de calidade da obra de construcción de 160 vivendas de promoción pública (VPP) en Mesoiro, Concello de A Coruña. Trala adxudicación do contrato, a empresa disporá dun prazo máximo de 28 meses para a súa execución.

O DOG publica as bases do concurso para contratar o control de calidade destas obras. O prazo para presentar as propostas permanece aberto ata o día 23 de outubro. As empresas interesadas poderán entregar as súas propostas no rexistro da sede central da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (Polígono de Fontiñas, Área Central, s/n).

A Consellería de Vivenda e Solo insvestirá 12,3 millóns de euros no proxecto e obra de construción de 160 vivendas protexidas de promoción pública (VPP) en Mesoiro, Concello de A Coruña. O presuposto estará distribuído en tres anualidades: 3,2 millóns de euros en 2007, outros 4,5 millóns de euros en 2008 e tamén 4,5 millóns de euros en 2009.

Destinatarios das vivendas

As vivendas de promoción pública (VPP), promovidas directamente pola Consellería de Vivenda e Solo, van dirixidas a persoas ou unidades familiares ou convivenciais cuns ingresos ponderados de entre 0,7 e 2,5 veces o Indicador de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), é dicir, entre 335 € e 1.200 € mensuais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Vivenda e Solo de la Xunta de Galicia, 2007-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES