Notas de prensa

Impúlsase desde Santiago de Compostela una rede de mulleres na lusofonía

A secretaria xeral de Igualdade pon en marcha este proxecto medioambiental con quince expertas de Brasil, Portugal, Angola, Cabo Verde e Mozambique.

A secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, reuniuse en Santiago con a 15 mulleres con responsabilidades de goberno, investigadoras e activistas no eido medioambiental da área lusófona coas que debateu a posta en marcha dunha Rede de Mulleres na Lusofonía. A Rede tería por obxecto de intercambiar experiencias sobre o empoderamento das mulleres, a contribución das mulleres no eido medioambiental e avaliar o alcance do mainstreaming nas políticas públicas.

Na xuntanza participaron Aidil Borges, docente e Investigadora do Instituto Superior de Educación e Ministerio de Medio Ambiente de Brasil; Araceli Serantes Pazos, xefa de Extensión Universitaria do CEIDA e Profesora da Universidade da Coruña; Brígida Brito, do Centro de Estudios Africanos de Portugal; Joaquina Bras Caetano, xefa de Educación Ambiental do Ministerio do Urbanismo e Ambiente de Angola; Lucía Iglesias da Cunha, presidenta da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) e Profesora Titular de Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela; Luisa Borges, asesora da Ministra de Medio Ambiente de Cabo Verde; Luísa Ucha, do Ministerio de Educación de Portugal; Maria Luisa Schmidt, do Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa; Marilia Andrade Torales, vicepresidenta da Dirección da Asociación Internacional de Investigadores en Educación Ambiental Nerea-Investiga e investigadora do Grupo SEPA-Interea; Maura Machado Silva, analista Ambiental do Departamento de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente de Brasil; Michele Sato, profesora e Investigadora de Educación Ambiental das Universidades Federais de Mato Grosso (UFMT-Educación) e San Carlos (UFSCar-Ecoloxía; Patricia Mousinho, secretaria Executiva de REBEA (Rede Brasileira de Educación Ambiental de Brasil); Raquel Trajber, coordinadora Xeral de Educación Ambiental do Ministerio de Educación de Brasil; Saquina Mucavele, membro de MUGEDE (Mulher Gênero e Desenvolvimento) de Mozambique, e Vilela de Sousa, directora para a Promoción Ambiental do Ministerio para a Coordinación da Acción Ambiental de Mozambique.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2007-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES