Notas de prensa

Santiago acolle o I Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia

O conselleiro de Medio Ambiente considera a educación como piar esencial no desenvolvemento das políticas medioambientais que deben antepoñer a conservación de espazos naturais ao crecemento desmesurado.

Investigadores e educadores de países lusófonos e Galicia reúnense en Santiago coa finalidade de intercambiar experiencias e iniciativas no eido da educación ambiental. Un asunto, a educación, que o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, cualificou de “esencial” no desenvolvemento das políticas medioambientais. Así o sinalou no inicio do primeiro Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países Lusófonos e Galicia, que organiza o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) –organismo creado grazas un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña- e os campus galegos.

O conselleiro de Medio Ambiente resaltou o momento que vive Galicia na actualidade en materia medioambiental, que definiu como “crucial”. “Contamos con grandes recursos naturais que intentamos preservar e desenvolver con criterios de sostibilidade”, declarou Manuel Vázquez, quen insistiu na necesidade de antepoñer a conservación dos espazos naturais ao crecemento desmesurado e irracional. Así, definiu o congreso como unha boa oportunidade que teñen países cunha ligazón importante, como é o caso de Portugal, para poñer en común experiencias e colaborar no desenvolvemento de actuacións compartidas en materia medioambiental.

Na mesma liña, o responsable autonómico salientou que só é posible falar de crecemento económico “se leva aparellado un criterio de sostibilidade dos recursos naturais, fundamentalmente da auga, pero tamén do aire e os ecosistemas”. Manuel Vázquez recordou, neste senso, a participación de

Galicia en foros mundiais sobre o cambio climático e a posta en marcha de políticas para frear este fenómeno, promovidas polo departamento autonómico e que os representantes galegos compartirán co resto dos participantes no congreso.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, 2007-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES