
Tempo ao tempo, que se inaugura o 19 de outubro, é unha mostra de produción propia que se formula como conmemoración do 5º Aniversario do MARCO, e que excepcionalmente ocupará todos os espazos do edificio. Os comisarios Isabel Carlos e Iñaki MartÃnez Antelo, director do MARCO, coinciden na necesidade de analizar o modo en que o tempo, fÃo condutor da mostra, define o noso mundo. Ademais, o tÃtulo relaciónase intimamente coa historia e transformación do propio edificio, que foi cárcere e xulgados antes de converterse en centro de arte. A través dunha selección de artistas e obras —varias delas producidas especificamente para esta exposición— analizarase, dende unha perspectiva crÃtica, a obsesión actual polo paso do tempo, a memoria, e o sentido ou o peso da historia. Tantas visións ou interpretacións do tempo como artistas representados na exposición —34 en total— na obra dos cales o tempo está presente non como algo anecdótico, senón dun modo constante.
Partindo do tempo como leit motiv, a exposición percorre varias acepcións do termo, diversas achegas a esa reflexión tan común no pensamento occidental, que disciplinas como a fÃsica, a literatura, as matemáticas ou as artes abordaron dende distintas perspectivas. A experiencia do paso do tempo e da súa medición suscitou o interese de artistas e pensadores de todas as épocas, e foi representado mediante visións, imaxes, sÃmbolos e metáforas. Nesta exposición, a diversidade de expresións, rexistros, linguaxes e orixes demostra que a reflexión sobre o tempo arrastra múltiples sentidos e será sempre universal e inseparable da condición humana e da práctica artÃstica. Obras que toman como punto de partida instrumentos e dispositivos de medida ou organización do tempo, da súa dimensión fisica; obras que reflexionan sobre o paso do tempo, sobre a memoria e o esquecemento, sobre a historia e os procesos de acumulación-sedimentación; e obras que alertan sobre a dimensión politica do tempo e o modo en que a sociedade actual se relaciona con el, vivindo nunha especie de urxencia sen fin ou obxectivo definido.
Dende a medición obsesiva do tempo de On Kawara ou a súa plasmación nos calendarios de Ignasi AballÃ, o reloxo dixital de Gianni Motti, a sutil visión do tempo conxelado no reloxo de area de Jorge Barbi, ou o gong marcador do tempo de Danielle Puppi, ata a ironÃa dos obxectos petrificados de Jimmie Durham, pasando polas investigacións cientÃficas de Jorge Peris e Rubén Ramos Balsa, ou a reinterpretación da historia da arte e os seus sÃmbolos en Giulio Paolini, Nedko Solakov ou Sam Taylor-Wood. A fraxilidade da memoria que se evapora na obra de Oscar Muñoz —ao igual que se esvaece o retrato do heroe ecuestre de Matthew Buckingham— a conservación dos recordos en Pedro Mora, o pasado que se revela na peza de Ana Jotta, a nostalxia do futuro de Jonathan Monk e o encontro emocionado entre o pasado e o presente a través da palabra en Lani Maestro. O tempo improdutivo, o tempo morto que retrata Mircea Cantor, e a narrativa fracturada de Igor e Svetlana Kopystiansky; a xeración do movemento en imaxes estáticas en Rosângela Rennó, o caracol que se despraza sobre a area como imaxe psicolóxica do paso do tempo en Euan Macdonald, e a sección temporal e espacial do universo de Tatsuo Miyajima. A relación entre imaxe, son e instalación espacial en Tacita Dean, e a poética das fases da lúa na peza de Nam June Paik. A reflexión teórica sobre o contexto espazo-temporal da obra en Victor Burgin e Douglas Gordon, os indicios como narración na obra de Allen Ruppersberg, ou o retrato a través dos obxectos en Mark Dion. Os viaxeiros do tempo no mundo perdido de Susan Norrie, o rescate de obras mestras e documentos do pasado de Fernando Bryce, as referencias literarias e o humor en João Maria Gusmão e Pedro Paiva e a sÃntese do tempo detido e a decadencia en William Eggleston. E tamén, o sentido ou a presenza do tempo a través da acción: dende os mecanismos de intercambio de Gustavo Romano, ata a histórica performance Time, de David Lamelas, que presentará en Vigo con ocasión da inauguración da mostra.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.