Notas de prensa

Comezan as probas de selección para cubrir 5 prazas de policías locais en Teo

Celebrouse no CEIP da Ramallosa un test de habilidades cognitivas e dous cuestionarios de personalidade.

Ás 10,00 horas comezou a primeira proba de selección de cara a cubrir cinco prazas de gardas da policía local mediante oposición libre no concello de Teo. A convocatoria para cubrir estes postos foron convocadas por Resolución do 14 de marzo de 2007, publicado no Boletín Oficial da Provincia do 21 de marzo deste ano. Actualmente o Departemanto da Policía Local en Teo está formada por catro persoas.

Aínda que a lista de admitidos para esta selección era de 84 persoas asistiron á primeira proba no CEIP da Ramallosa só 46 persoas. A primeria proba é de carácter obrigatoria e eliminatoria e consitiu nun test de habilidades cognitivas e dous cuestionarios de personalidade. As seguintes probas que se realizarán serán as físicas e están previstas para a semana que vén.

Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo), 2007-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES