Notas de prensa

A USC imparte o único master galego sobre finanzas cuantitativas

Participan expertos da consultora Analistas Financieros Internacionales. O prazo para as solicitudes remata o 12 de setembro.

A Universidade de Santiago de Compostela imparte por vez primeira a partir de outubro o Máster propio en Finanzas Cuantitativas, o único en Galicia sobre esta cuestión e un dos poucos que existen en toda España. O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o día 12 de setembro.

Especialmente dirixido a titulados en Matemáticas, Estatística, Física, Enxeñarías, Económicas, Empresariais, Actuariais e profesionais, o máster ten unha duración de nove meses ao que se lle sumaría un período de prácticas en empresas do sector. Tanto no deseño deste posgrao co financiado por Caixanova coma na posta en marcha das súas materias, participan expertos da empresa consultora Analistas Financieros Internacionales.

Actualmente sectores como a banca, as xestoras de fondos ou as compañías de seguros demandan un maior número de profesionais formados en finanzas cuantitativas asegurando a súa inserción laboral. Por iso, os contidos que ofrece este Máster en Finanzas Cuantitativas son moi distintos aos estudos clásicos de posgrao en ‘banca e finanzas’, que tradicionalmente están orientados a alumnos cunha determinada formación previa en economía.

O mundo das finanzas está a empregar ferramentas matemáticas moi sofisticadas para avaliar e xestionar os diferentes riscos dos produtos financeiros co fin de optimizar a xestión de carteiras. Por iso, aspectos coma o cálculo diferencial, a optimización, a estatística, o análise de series temporais, a simulación ou as técnicas numéricas son hoxe en día coñecementos indispensables nos equipos profesionais de analistas financeiros.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2007-09-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES