
Reforzar vÃnculos e promover a creación de redes para facer chegar ás mulleres, igual que aos homes, información que as axude e apoie nas súas actividades é o principal propósito do web do Seminario Muller e Universidade (SMU) da USC (http://www.usc.es/smucea/) que se presentou no Colexio de Fonseca nun acto presidido pola vicerreitora de Calidade e Planificación, Dolores Ãlvarez, e ao que tamén asistiu o equipo responsable da creación e xestión do web. Segundo a coordinadora do SMU, Monserrat Nogueira, co alcance da nova páxina web web preténdese lograr “a reacción, o apoio e a complicidade da sociedade á hora de cambiar estereotipos e prexuÃzos”.
O profundo impacto de Internet no traballo e no coñecemento non atopa unha resposta satisfactoria no que respecta á utilización das TecnoloxÃas da Información e a Comunicación por parte das mulleres. AsÃ, e segundo explicou a profesora Nogueira, nos estudos desagregados por xénero sobre o uso das TIC advÃrtese que as mulleres utilizan menos as TIC e dun xeito precario. “Cada vez existen máis espazos onde expresar e reflectir o noso pensamento e estamos a desaproveitar esta posibilidade”, sinalou.
Para rachar con esta tendencia o SMU saca á luz este novo web, un espazo común de información que facilita a participación e a localización de recursos, webs e redes, e tamén de acción permitindo e aumentando a súa capacidade de mobilización. As actividades do Seminario, un boletÃn informativo en constante actualización ou un foro aberto sobre as achegas das mulleres galegas en todos os ámbitos sociais e económicos, alén da ciencia e a tecnoloxÃa, son algúns dos contidos que esta nova páxina web ofrece ao lector e dende a que se poderá acceder tamén aos documentos Textos para a Historia das Mulleres en Galicia e Mujeres en la Universidad Pública 2007.
Cunha decidida vocación de potenciar o traballo das cientÃficas e tecnólogas en rede, na sección ‘Tecendo RedesÂ’ facilÃtase información das Oficinas de Igualdade nas Universidades e Centros Superiores de Investigación, recursos sobre lexislación, subvencións e axudas para proxectos e actividades, a previsión de reunións cientÃficas de interese asà como estudos, estatÃsticas e publicacións que achegan ao visitante ao pasado e presente das mulleres cientÃficas e tecnólogas.
O SMU
O Seminario Mulleres e Universidade iniciou as súas actividades no seo da USC co ánimo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres en todo o proceso de creación e divulgación da Ciencia e da TecnoloxÃa, especialmente no ámbito universitario galego. ConstituÃuse asà nun espazo de reflexión que, ao tempo que impulsa e insta a creación de polÃticas universitarias que fomenten unha igual e real participación e representación en todos os ámbitos da toma de decisións universitarias, alenta a reflexión constante sobre a contribución das mulleres na Ciencia e na TecnoloxÃa.
Desenvolver accións de sensibilización sobre situacións de discriminación, tentando detectar os mecanismos conscientes e subconscientes que están na orixe desas situacións, e instar a aplicación de polÃticas de igualdade na composición dos órganos de goberno da Universidade son algúns dos propósitos cos que xurdiu o SMU hai xa máis de cinco anos e que hoxe se localiza no Centro de Estudos Avanzados-Casa de Europa (Parque de Vista Alegre).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.