
A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar o galego como lingua da casa. Así definiu a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a nova iniciativa posta en marcha polo seu departamento para promover a transmisión familiar da lingua galega. Santiago, Vigo e A Coruña acollen esta festa, que vai poñer nos escenarios a música recompilada no disco Cantos de Arrolar, co que se está agasallando a todas as mulleres embarazadas dentro da campaña Xeración E logo!.
Marisol López presentou en Santiago esta Festa dos Axóuxeres, nun acto no que estivo acompañada por boa parte dos artistas que van participar no evento. En distintos espazos públicos das tres cidades galegas, os asistentes terán un repertorio musical adaptado ao público tan especial ao que vai dirixido bebés e cativos, ademais dos enredos e divertimentos que virán da man de Miguel de Lira e da maxia e da ilusión do mago Romarís.
A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 4, 6 e 8 de setembro en Santiago, Vigo e A Coruña, respectivamente. En Compostela a cita será no Campus Sur, o martes 4, coa participación musical de Luar na Lubre e Espido. En Vigo, a cita será o xoves 6 na praza da Estrela, coa música de Mercedes Peón e de Xabier Díaz. Por último, na Coruña, bebés, papás e mamás están citados o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. Todas estas citas serán ás sete da tarde, e a entrada será de balde.
Continuidade no inverno
A secretaria xeral de Política Lingüística explicou que esta iniciativa vai ter continuidade nos meses de outono e inverno en vilas pequenas de Galicia, nun formato diferente, de proximidade, e en espazos pechados.
A actual programación destinada ás familias enmarcase nos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que pretende sensibilizar as familias sobre as vantaxes de que os seus fillos e fillas coñezan a lingua galega e sinala a conveniencia de que a adquiran de forma temperá como mellor garantía para que se instalen nela de xeito adecuado e poidan despois acceder a outros idiomas.
Marisol López concluíu destacando a vontade de converter esta Festa dos Axóuxeres nunha referencia para avivar o alento dos pais, as nais, os avós, os irmáns, para que se relacionen en galego na familia.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.