O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeuse a promover o uso da bicicleta na cidade olívica. O rexedor vigués fomentará «o carril bici na cidade para que se utilice de forma regular» e articulará un de 25 quilómetros que una Vigo con Baiona. A promesa do alcalde produciuse no transcurso da conferencia de prensa na que se presentou aos medios a II Volta Cicloturista 'Volta a España 2007'.
O evento, que comeza o venres 31 de agosto, está organizado polo Movemento Clima, unha coalición fundada por organizacións sociais e ambientais (Comisións Obreiras, OCU, Intermón Oxfam e WWF/Adena) para «estimular os cidadáns a loitaren contra o cambio climático», segundo explicou Mar Asunción, de Adena. Con esta acción, preténdese concienciar a cidadanía para que reduza as emisións de CO2, ao tempo que esixir a que as autoridades se impliquen na adopción de medidas para combateren este problema.
O ciclista Abraham Olano, campión do mundo en 1995 e director da Marcha Cicloturista presentou o evento animando a que a xente «utilice a bicicleta como medio de transporte en vez do coche, xa que o medio natural precisa que lle boten unha man e deixemos de seguir emitindo CO2». Esta marcha, na que participan aficionados e ciclistas ex-profesionais terá o mesmo percorrido que realizarán ao día seguinte (sábado día 1) os participantes da Volta a España.
Neste sentido, Joaquín Nieto, responsable de Medio Ambiente de Comisións Obreiras a nivel estatal reclamou que o 10 % dos orzamentos e investimentos sobre transporte de cada Administración (local, autonómica e estatal) se destine a favorecer o uso da bicicleta como medio de transporte público, tal e como acontece en Amsterdam ou Copenhague, nas que un terzo dos traballadores utilizan este vehículo para acudiren aos seus traballos. Por outra parte, mentres que a media de uso da bicicleta nos países nórdicos é do 70%, en España é só do 31%. Pero hai datos para o optimismo. En Barcelona, a iniciativa Bicing consegiu 85 mil usuarios en só uns poucos meses. Segundo Nieto, cada 5 quilómetros de traxecto en bicileta aforran un quilo de CO2.
Pola súa parte, Belén Ramos, da OCU, convidou a poboación de Vigo a que participe nas actividades organizadas polo Movemento Clima na zona de meta, como o concurso de pintura sobre a bicicleta e o cambio climático, e a se comprometeren con accións concretas a reducir as emisións de gases contaminantes en actividades cotiás, tal e como se propón na web www.movimientoclima.org. Igual que acontece cos ciclistas, as persoas participantes nestas actividades tamén recibirán premios ao final da Marcha Cicloturista.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.