Notas de prensa

I Campeonato de Tirapedras da Galicia Central

Os veciños de Melide, Guillermo Gómez Lareo e Adrián Sánchez, proclamáronse campeón absoluto e infantil, respectivamente.

O I Campionato de Tirapedras da Galiza Central reuniu a un total de 56 tiradores e tiradoras procedentes de Galiza, Euzkadi, Cataluña, Illas Baleares e Italia. O Campionato foi organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, no marco das festas de verán da vila de Melide, e estivo apoiado pola Fundación Deporte Galego, ademais de polo propio Concello de Melide e pola Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira. A convocatoria supuxo o broche final á I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, celebrada nestas dúas últimas xornadas.

O 21 de agosto, celebrouse en Melide o I Campionato de Tirapedras da Galiza Central. O acto estaba organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, patrocinado pola Fundación Deporte Galego, e contaba coa colaboración do Concello de Melide, e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira.

O concurso realizouse na Praza do Convento sobre tres dianas xiratorias, e outro branco fixo. Sucesivas escuadras de catro tiradores efectuaban dous lanzamentos sobre cada branco. A distinta puntuación que outorgaba o acerto sobre cada branco atendendo á súa dificultade era a que determinaba a clasificación.

Dous tiradores/as por cada escuadra clasificábanse para as sucesivas roldas. Tras dúas horas de competición resultaron gañadores os seguintes participantes:

- En categoría infantil:

§ 1º clasificado: Adrián Sánchez.

§ 2º clasificado: Álex Sleiman.

§ 3º clasificado: Xoel Laia.

- En categoría adulta:

§ 1º clasificado: Guillermo Gómez Lareo.

§ 2º clasificado: Jorge Pazo.

§ 3º clasificado: Benigno Montero.

Na competición participaron un total de 56 tiradores, 12 na categoría infantil e os restantes na categoría de adultos. O número de mulleres inscritas foi de 12.

O I Campionato de Tirapedras da Galiza Central supuxo o broche final á I Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, convocatoria que, con notable éxito de participación, tivo lugar nestes dous últimos días no casco histórico da vila de Melide, sendo o seu obxectivo último o de lograr recuperar para as prácticas lúdicas os espazos tradicionais de xogo, as infinitas praciñas e recunchos que serviron por xeracións de lugares de xogo.

Desde a organización damos as grazas a todos os participantes e colaboradores, agardando para o ano que vén repetir o éxito da presente edición.

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), 2007-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES