Notas de prensa

O festival A Noite do Trasno reuniu unhas 8.000 persoas en Cabo Udra

Os concertos e as actividades culturais impulsadas por Mozas e Mozos rexistraron unha boa acollida

A Asociación Mozas e Mozos de Beluso (Bueu), cifrou nunhas 8.000 persoas o número de asistentes ó festival A Noite do Trasno, que se celebrou durante a fin de semana pasada no Cabo Udra. O público vibrou cos directos do venres ó cargo de Los Pulseritas, La Familia Iskariote, Os Cempés e A Banda de Pulpiño Viascón, mentres que o sábado a festa veu da man de Malas Pulgas, A Gran Treboada, El Combolinga e Zënzar, ambos os dous días con sesións de Dj ata altas horas da madrugada.

Xunto cos concertos, en Cabo Udra desenvolvéronse outras actividades como obradoiros e xogos populares, que colleitaron unha boa acollida. Mozas e Mozos organizou ademais durante os días previos ó festival unha Semana Cultural cunha oferta diversa que abrangueu dende sesións sobre medio ambiente e comercio xusto ata espectáculos de maxia, charlas sobre a recuperación da memoria histórica ou unha observación astronómica que congregou a medio cento de persoas para contemplar o firmamento nocturno en Chan de Esqueiros.


Efectos negativos do ‘botellón’

O presidente da Asociación Mozas e Mozos de Beluso, Carlos Lamosa, amosou a súa satisfacción co desenvolvemento da sexta edición de A Noite do Trasno, pero sinalou como nota negativa os efectos do ‘botellón’ efectuado por boa parte dos asistentes, xa que esta práctica repercute non só nunha meirande produción de lixo, senón tamén sobre un menor consumo nas barras instaladas pola organización –con prezos populares- e, polo tanto, sobre a principal fonte de financiamento do festival.
Nota
Doutra banda, Mozas e Mozos constatou a solidariedade de moitos asistentes que apostaron polos produtos da organización e, sobre todo, no que se refire á adquisición do ‘ECOborralleiro’ ou cinceiro portátil e do ‘ECOvaso’ –distribuídos pola empresa Ecofestes-, que polo módico prezo de 1 euro permitía disfrutar durante toda a noite dun só recipiente para a bebida que logo se podía devolver ou gardar como recordo, reducindo así os residuos plásticos. Varios asistentes ó festival participaron ademais nas tarefas de limpeza acometidas pola organización despois dos concertos, sobre todo o domingo pola mañá, conseguindo que a área natural de Udra quedase igual ou máis limpa que antes de A Noite do Trasno.

Carlos Lamosa salientou tamén o bo funcionamento da zona de acampada habilitada pola Asociación fóra do espazo protexido, xa que se cubriron practicamente todas as prazas pese ás queixas iniciais por non atoparse á beira da zona de concertos, senón a uns dez ou quince minutos camiñando.

Mozas e Mozos amosou ademais o seu agradecemento a todas as entidades, colectivos, comerciantes e persoas individuais que prestaron a súa colaboración para que A Noite do Trasno fose realidade un verán máis en Cabo Udra.

Carmen Novas, GABINETE DE COMUNICACIÓN, 2007-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES