O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, reuniuse cun grupo de familiares de galegos e galegas desaparecidos durante a ditadura militar arxentina, aos que lles transmitiu a firme intención do Goberno galego para colaborar con eles e contribuír á investigación, esclarecemento e reparación da memoria e a dignidade das vítimas. Nese senso, Rodríguez lembrou que a Xunta atende xa nos programas sociais e asistenciais vixentes e no ámbito das súas competencias, a familias dos cidadáns galegos desaparecidos entre 1976 e 1983 segundo o censo establecido polo Ministerio de Asuntos Exteriores.
O executivo autonómico cooperará, asemade, coas familias afectadas e co Ministerio de Asuntos Exteriores na investigación de datos familiares nos Rexistros Civís de Galicia, así como na localización doutros familiares.
O responsable da Secretaría de Emigración sinalou que actualmente o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, xa está a estudar o xeito de establecer unha colaboración co Goberno arxentino, a través do Ministerio de Xustiza e Dereitos Humanos, no marco da recentemente creada Unidade de Investigación sobre cidadáns españois, que xa localizou a trinta cidadáns de orixe galega dentro dos setecentos identificados.
A estancia de Manuel Luís Rodríguez en Arxentina permitiu manter unha reunión cos responsables da Fundación Galicia Saúde, coa fin de planificar os recursos e os programas cos que en 2008 o Goberno galego optimizará a atención sociosanitaria dos cidadáns de orixe galega asentados en Arxentina. O responsable de Emigración tivo ocasión, por outra parte, de coñecer de preto a nova Unidade de Densidometría Ósea coa que conta o Hospital Galego, financiada con orzamentos da Xunta de Galicia.
A viaxe de Manuel Luís Rodríguez a Arxentina, onde estivo presente nos actos do Día de Galicia e na celebración do XXVIII Centro Galicia de Bos Aires, completarase coa súa participación o sábado, día 28, nos actos de conmemoración do Camiño de Santiago en Bos Aires, un evento que trata de demostrar o forte lazo de unidade que vincula a Galicia con Arxentina, o co que a cidade de Bos Aires agradece aos inmigrantes galegos e aos seus descendentes o traballo e a honestidade coa que contribuíron a fortalecer a identidade porteña.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.