Notas de prensa

11 centros educativos e de FP, galardoados no Certame Cooperativismo no ensino

Convocado polo Consello Galego de Cooperativas, o concurso convocouse nas modalidades de debuxo, pintura e vídeo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a relación dos 11 centros educativos e de formación profesional premiados no certame Cooperativismo no ensino, convocado polo Consello Galego de Cooperativas.

Os alumnos dos distintos centros de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria tiveron a opción de participar nas modalidades de debuxo, pintura e/ou vídeo e de actividades cooperativizadas. Por outra banda, os alumnos dos centros de formación profesional contaron coa modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

A relación de centros e alumnos premiados é a seguinte:

Modalidade de debuxo, pintura e/ou vídeo

Na modalidade de debuxo, pintura e/ou vídeo, dirixida a centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, os traballos premiados, por categorías, foron os seguintes:

Na categoría A, Mil cores mil ideas, dos alumnos de 1º e 2º curso do 2º ciclo de educación infantil do C.P.R. Luís Vives-Barbadás (Ourense) foi o traballo premiado. O 1º accésit foi concedido aos alumnos do 2º ciclo e educación infantil do C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra), polo proxecto O noso pobo.

Na categoría B, A montaña de area, dos alumnos de 1º e 2º de educación primaria do Colexio Guillelme Brown-Pereiro de Aguiar (Ourense) foi o traballo premiado. O 1º accésit foi outorgado aos alumnos de 1º de educación primaria do C.E.I.P Virxe do Portal-Sobrado (A Coruña) por Maqueta en papel do pobo de Sobrado.

Na categoría C, o proxecto premiado foi Puzzle sobre a alimentación de froitas e hortalizas, elaborado polos alumnos de 4º de educación primaria Daniel Ãlvarez Vázquez, Sara Bugallo Casas, Andrés Carleta e Noelia Fiuza Loureiro, do C.E.I.P. Marcos da Portela-Monte Porreiro (Pontevedra). E o 1º accésit foi para os alumnos de 3º de educación primaria do centro concertado Andaina-Culleredo (A Coruña), por Proxecto de realización colectiva dun proceso de producción audiovisual-videos para a festa do Nadal.

Na categoría D, Xardín botánico do C.E.I.P. Domaio, cooperamos tod@s, dos alumnos de 5º e 6º de educación primaria, do C.E.I.P. Domaio-Moaña (Pontevedra) foi o traballo premiado. O 1º accésit foi outorgado aos alumnos de 6ºA de educación primaria do C.P.R. Luís Vives-Barbadás (Ourense) polo proxecto Traballando e cooperando, iralo logrando.

Modalidade de actividades cooperativizadas

Na modalidade de actividades cooperativizadas, dirixida a centros educativos de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria, os proxectos galardoados, tamén por categorías, foron os seguintes:

Na categoría E, o traballo premiado foi Elaboración e degustación de sobremesas dos alumnos do 1º ciclo da ESO do I.E.S. Xesús Taboada Chivite-Verín (Ourense).

Na categoría F, A seguridade en internet., uso responsable, dos alumnos de 3º e 4º da ESO, do C.P.I. Luís Díaz Moreno-Baralla (Lugo) foi o proxecto galardoado.

Modalidade de proxectos empresariais cooperativos

Na modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida a centros de formación profesional, o premio foi para Fraguarte Sociedade Cooperativa Galega, do E.A.S.D. Mestre Mateo-Santiago de Compostela (A Coruña). Tamén se concederon dous accésit aos dous proxectos empresariais finalistas: Terra viva cooperativa restaurante ecolóxico, dos alumnos do I.E.S. Macías O Namorado-Padrón (A Coruña) e Albergue Vagalume Sociedade Cooperativa Galega, do I.E.S. Leliadoura-Ribeira (A Coruña).

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2007-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) Deseñado e posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.

Notas

Las principales empresas agroalimentarias de la provincia de Lugo, junto con equipos investigadores del Campus Terra (USC), participarán esta semana en un encuentro estratégico con cuatro objetivos alimentación, salud, longevidad y robótica con una delegación empresarial procedente de China y Japón.
Ãlvaro Mourenza, investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e do grupo EXPRELA do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), liderou un estudo internacional que identifica unha nova estratexia terapéutica para combater infeccións causadas por Staphylococcus aureus, unha das bacterias resistentes aos antibióticos de maior relevancia clínica a nivel mundial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES