Faleceu, aos 66 anos de idade, o primeiro secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO), Manuel Amor Deus (Ferrol, 16/02/1941—26/06/2007). O histórico dirixente sindical padecÃa unha grave enfermidade que lle causara a contaminación por amianto cando traballaba en Bazán —actualmente, Navantia— e que obrigara a cesar a súa actividade
laboral en 1992, con 51 anos.
Perfil
Manuel Amor Deus naceu en Ferrol un 16 de febreiro de 1941, no seo dunha familia de traballadores. Sufriu as miserias da posguerra e coñeceu as dificultades do sistema de abastecemento e dos racionamentos. Politicamente, na súa casa percibÃase unha tendencia republicana esquerdista, principalmente por parte do seu pai e do seu tÃo, militantes do Partido Comunista (PC).
Con 14 anos aprobou o exame de ingreso na Escola de Aprendices de
Bazán, onde estivo catro anos, e despois pasou á aprendizaxe directa a cargo dun operario da empresa, o que lle serviu para perfeccionar os seus coñecementos. Posteriormente estarÃa cedido no estaleiro de Astano para completar a súa formación.
Primeiro activismo
A mediados dos sesenta estaba de volta en Bazán, co servizo militar xa cumprido e co cargo de oficial de segunda, o que lle permitÃa moverse por todo o estaleiro. Esta condición serÃalle de grande utilidade cando se convertese en activista de CCOO e do PC, xa que neses anos comezou a ser socialmente consciente das penosas condicións de traballo, sobre todo no que atinxÃa ás longas xornadas laborais e ás deficiencias en materia de seguridade e saúde.
Precisamente, un accidente no que faleceron dous compañeiros seus
motivou que se afiliase ao PC, e a partir de entón inicia o seu
compromiso polÃtico. Primeiro, con pequenas actividades clandestinas como recadar cartos para os despedidos, lanzar planfletos ou realizando as primeiras pintadas. Posteriormente, coas primeiras concentracións e manifestacións, onde se atopou de fronte coa represión franquista, o que lle serviu para afortalar a súa conciencia de clase e a determinación de loitar contra a ditadura. Desde 1967 foi participando máis e máis no PC e nos conflitos de Bazán, cuxos traballadores se soildarizaban cos de toda a comarca, cos que consensuaban diferentes accións conxuntas.
Amor Deus e CCOO
A comezos dos sesenta, CCOO estaba moi organizada en Ferrol e toda Galicia, cun órgano de dirección estable e coas primeiras asembleas nacionais galegas. Contra 1971 ábrese unha nova etapa, que no caso do noso paÃs culminarÃa no momento álxido da loita social contra a ditadura, e cando o Ministerio de Traballo remitÃa informes sobre 'elementos subversivos' en diferentes lugares, como o estaleiro ferrolán de Bazán.
A situación de Bazán naquela altura non era doada, xa que os
dirixentes obreiros que encabezaran as loitas na segunda metade dos sesenta, Rafael Pillado, Julio Aneiros e Francisco Fernández
Filgueiras, estaban detidos, procesados, e incapacitados para se
presentaren. Aquelas necesidades levaron o comité local do PCG a convencer a Manuel Amor para que encabezase a candidatura de CCOO, converténdoo nunha figura referencial para o movemento obreiro galego.
Clandestinidade e cárcere
Como consecuencia do seu activismo, Manuel Amor serÃa despedido o 9 de marzo de 197, e marcharÃa a Madrid, intentando esquivar o aparato represor franquista. No entanto, acabarÃa por entregarse xunto con outros compañeiros co convencemento de que non tiñan nada na súa contra e que botarÃan pouco tempo no cárcere, o que lles permitirÃa loitar continuar a loita en mellores condicións.
Porén, no xuÃzo ratificouse o seu despedimento e serÃa procesado por un consello de guerra e logo polo Tribunal de Orde Pública (TOP). Detido o 14 de abril, Amor Deus iniciou un longo percorrido polos cárceres franquistas, dos que non sairÃa ata 1976. Primeiro foi na Coruña e logo, reclamado por un novo consello de guerra, en Ferrol, canda os seus compañeiros Bernardo Bastida, Ãngel Porto, José MarÃa Riobó, José Julio Miraz, José Cabado, Ramiro Romero ou Francisco Fernández Filgueiras. Xaén, Carabanchel ou Pontevedra serÃan outros dos seus destinos, un periplo durante os que tamén sufriu a morte do seu primeiro fillo e tamén a do seu pai.
Manuel Amor foi liberado en febreiro de 1976. A partir de entón
dedicouse a percorrer Galicia para reorganizar CCOO, encabezando o proceso que conducirÃa á creación do novo sindicato. O proceso
culminou na V Asemblea Nacional. En xuño de 1978 creábase o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, do que serÃa elixido secretario xeral no primeiro congreso, cargo no que permanecerÃa ata 1988.
Amianto
Durante os últimos anos da súa vida, Manuel Amor sempre denunciou que Bazán os expuxera ao amianto sabendo que era perigoso, xa que na mesma época a asbestose xa era un escándalo público. O dirixente obreiro cesou en 1992 a súa actividade laboral ao se lle declarar unha incapacidade permanente total, e en 2004 detectarÃaselle un tumor.
Foron moitos os seus compañeiros do estaleiro ferrolán falecidos como consecuencia da contaminación. «Compañeiros que traballaron desde os 14 anos [...] morreron pola neglixencia da empresa e das autoridades laborais e sanitarias», dirÃa. Recentemente, a xustiza déralle a razón e condenara a Navantia —sucesora de Bazán— a idemnizalo por quedar demostrado que contraera o mal pola exposición ao amianto.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.