Notas de prensa

Presentado o libro: Pro Mundi Beneficio, que abre unha nova colección sobre a Galicia Exterior da FBM e o CCG

Asinouse un convenio de colaboración entre a Fundación Pedro Barrié e o Consello da Cultura Galega para esta nova serie editorial.

Tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración entre a Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Consello da Cultura Galega para a creación da serie editorial Galicia exterior, que integrará publicacións adicadas a recuperar o patrimonio da galeguidade máis aló de fronteiras e límites territoriais. No acto estiveron presentes José María Arias Mosquera, vicepresidente da Fundación, e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, así como Juan Manuel Pérez, autor de Pro Mundi Beneficio: los trabajadores gallegos en la construcción del canal de Panamá (1904-1914), libro que abre a serie e que foi presentado tras asinar o convenio entre ambas as entidades.

Ramón Villares falou de dúas Galicias “a territorial europea e a diáspora, da que por moito que se traballe sempre será insuficiente”. O presidente do Consello da Cultura Galega manifestou a súa satisfacción por esta colaboración cunha Fundación que forma parte da institución dende a súa creación. Tamén precisou que “as obras que vexan a luz terán a marca de identidade da Fundación Barrié, que conta cunha tradición e crítica moi positiva nas súas publicacións”. Nestes momentos estase preparando un segundo texto, A Galicia Antillana: formación e destrucción da identidade galega en Cuba (1899-1968), de José Antonio Vidal. Outros temas da serie serán a presenza dos galegos en Bos Aires e os indianos no mundo educativo e cultural galego.

José María Arias calificou o convenio como “un paso más en lo que la Fundación viene desarrollando desde hace 40 años con un servicio de publicaciones bibliográficas de calidad para difundir el patrimonio gallego”. En total, editáronse 442 títulos que sobrepasan os tres cuartos do millón de libros editados, dos que 300.000 foron doados. A serie Galicia Exterior será a cuarta que lanza a Fundación Pedro Barrié de la Maza, precedida por Galicia Historia, Galicia Viva e Biblioteca Filolóxica Galega.

O libro que abre a colección, Pro Mundi Beneficio: los trabajadores gallegos en la construcción del canal de Panamá (1904-1914), foi calificado por Ramón Villares como “un resultado azaroso dunha serie de circunstancias”, entre as que citou que o autor sexa galego, especialista en Historia de América Latina e que traballe na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Foi alí onde, avaliando material sobre o Canal, descubriu tres fotos que identificaban a traballadores galegos. “A raíz de eso me puse a investigar y descubrí que de los 9.000 españoles que estaban trabajando allí, más de 5.000 eran de Galicia y se les pagaba el doble que al resto por su enorme labor”, comentou Juan Ramón Pérez durante a presentación dunha obra, máis humana que técnica segundo as súas propias palabras, que se empezou a xestar na súa cabeza hai 10 anos e “para la que siempre conté con el apoyo de la Fundación”.

Fundación Pedro Barrié de la Maza + Consello da Cultura Galega, 2007-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES