
O acto de entrega, organizado pola Fundación Macario Asenjo Ponte, celebrouse na localidade de Campo de San Pedro, Segovia.
A Fundación Macario Asenjo Ponce decidiu concederlle a esta entidade o Premio Nacional de Desenvolvemento Rural, impoñéndose na fase final a outros cinco proxectos impulsados en diferentes zonas de España: Red Cantabra de Desarrollo Rural, Universidad Rural Paulo Freire (Segovia), Confederación Nacional de Centros de Desarrollo Rural (Valladolid), Asociación Cederna-Garalur de la Montaña Navarra, e Asociación Cultural El Corralón de Otones de Bejumea, en Segovia.
A concesión do premio, que conta cunha dotación de 6.000 , decidiuse por unanimidade e fundamentouse en varias razóns: por tratarse dun proxecto de comercialización de produtos do sector primario que resulta innovador en canto á maneira de establecer diferentes canles de comercialización directa; por usar dunha maneira sinxela as novas tecnoloxías no comercio dos produtos do sector primario, por demostrar que no ano 2007 se poden vender dignamente, e a un prezo competitivo, os produtos procedentes do sector primario e finalmente por ser un proxecto que ten un gran valor demostrativo para poder implantar este modelo noutras comarcas rurais. En definitiva, por considerarse que este proxecto propón un modelo a seguir en canto á estratexia que o medio rural ten que plantexar ante os consumidores, maiormente urbanos, e ante ás grandes plataformas comerciais, que afogan os marxes dos produtores do agro, facendo que estas explotacións non sexan rendibles.
A Agroalimentaria do Eume é unha asociación sen ánimo de lucro formada por labregos, empresas e cooperativas centradas na explotación dos produtos do agro, que está a comercializar directamente os produtos dos seus asociados, eliminando intermediarios, de forma que estes obteñan un mellor rendemento polo seu traballo, sen que o consumidor final teña que pagar mais. As formas de comercializar empregadas pola Agroalimentaria do Eume céntranse na venda a través do correo electrónico a grupos de consumidores constituidos nas zonas de Eume, Ferrolterra, Coruña e Betanzos. Unha vez por semana estes consumidores reciben un listado cos produtos dispoñibles, que reciben na sua casa, ou no lugar que eles indiquen sempre que o pedido supere a cantidade de 15 . Próximamente ampliaran esta rede de distribución a toda a Península a través da súa páxina web: www.agroalimentariadoeume.org
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.