
Este premio, instituído polo goberno sueco en 2003, en lembranza da escritora universal falecida en 2002, ten unha dotación de cinco millóns de coroas suecas, a maior do mundo para a literatura infantil-xuvenil e a segunda dos premios literarios no ámbito mundial. Pode concederse a escritores, ilustradores ou organizacións que fixeran valiosas aportacións ao fomento da lectura, individual ou conxuntamente.
O Premio de Literatura en Memoria de Astrid Lindgren (ALMA) ten como obxectivo potenciar o interese pola literatura infantil-xuvenil no mundo e fomentar os dereitos dos nenos, desde o criterio da máis alta calidade literaria e na liña do espírito profundamente humanístico da célebra autora sueca. Supón un recoñecemento á totalidade da obra dun autor vivo ou á traxectoria dunha institución.
Neste 2007 recibiu o premio o Banco Nacional del Libro de Venezuela. Candidatos de todo o mundo, propostos por entidades e organizacións convidadas polo Consello de Cultura sueco, aspiran a recibir este recoñecemento na vindeira edición, que acaba de iniciar o proceso de selección. O premio fallarase en marzo de 2008 no marco da Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, finalizando o proceso en mayo, cando se faga a entrega pública do galardón. Por primeira vez, a OEPLI propón dous representantes do estado. E, tamén por primeira vez, os dous escollidos pola organizacion estatal representan a nosa cultura escrita e a nosa ilustración.
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) felicita publicamente aos seleccionados, como representantes sobranceiros dunha literatura para rapaces e xoves que cada vez ten máis proxección na nosa sociedade e recoñecementos alén do noso espazo cultural propio.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.