
O secretario xeral da Consellería de Traballo, José Vázquez Portomeñe, destacou que a contratación indefinida acumulada nos primeiros 4 meses do ano se incrementou un 36% respecto ao mesmo período de 2006. Portomeñe ofreceu estes datos esta tarde, no acto de entrega dos premios correspondentes ao Certame Fototraballo, organizado pola Fundación Nortempo.
Tras felicitar aos gañadores, o secretario xeral de Traballo salientou que o Goberno de Galicia está fondamente comprometido co traballo, motivo polo que as políticas de carácter laboral constitúen unha acción conxunta do Executivo autonómico que está a dar os seus froitos.
Deste xeito, Portomeñe subliñou que a contratación indefinida chegou en abril aos 6.663 contratos rexistrados, o que supón un incremento dun 13,9% respecto a abril de 2006. Asemade, apuntou que a afiliación á Seguridade social segue incrementándose a ritmo superior ao do Estado en 0,81 puntos, ata chegar o pasado mes a 1.060.144 afiliados, cifra que supera en 38.777 á de abril de 2006.
O representante da Consellería de Traballo fixo fincapé en que os resultados interanuais do paro rexistrado no mes de abril ratifican a tendencia á converxencia de Galicia co Estado, posto que se leva reducido neste mes o 6,3% do peso da Comunidade na media do paro estatal con respecto ao ano anterior, e un 10,8% respecto a abril de 2005.
As cifras amosan, proseguiu, que mentres que en Galicia o paro descende en 14.853 demandantes, no conxunto do Estado faino en 52.552, o que supón que esta autonomía presenta unha converxencia bruta de 10.541 demandantes, cifra que multiplica por tres o descenso estatal.
Por outra banda, Portomeñe destacou que o paro entre as mulleres menores de 30 anos experimentou un descenso en abril do 20,7% respecto ao mesmo período de 2006. Da mesma maneira, a redución do desemprego xuvenil foi dun 20,3%. Ao seu xuízo, estas cifras amosan ben ás claras que o camiño do Diálogo Social elixido é o axeitado para lograr ese obxectivo de máis emprego, máis estable e máis seguro.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.