Notas de prensa

O Consorcio Audiovisual organiza un taller sobre cómo se fai unha curtametraxe

Os directores Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga imparten este seminario teórico-práctico entre o 7 e o 11 de maio no CMG.

O director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, presentou o obradoiro Cómo se fai unha curtametraxe que será impartido polos directores Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga.

Trátase dun curso teórico-práctico que ten como obxectivo amosar todos os pasos de creación dunha curtametraxe. O obradoiro desenvolverase do 7 ao 11 de maio en horario de tarde de 6 a 20 horas na sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia, en Compostela.

Cada xornada incluirá unha parte teórica, na que Vigalondo e Cobeaga exporán as súas experiencias no eido da curtametraxe, realizaranse visionados de fragmentos e obras audiovisuais. Na parte práctica analizaranse os proxectos presentados polo alumnado.

Os participantes, un total de 15, son directores, guionistas, técnicos e actores que xa participaron nalgunha obra audiovisual e se atopan en fase de desenvolvemento dun novo proxecto.

Proxección

Ademais, no marco do obradoiro, o xoves día 10 ten lugar unha proxección de curtametraxes e un coloquio posterior cos directores Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga. Nesta, poden verse, entre outras, ás súas curtas candidatas ao Óscar a mellor curtametraxe: Éramos Pocos, de Borja Cobeaga, candidata ao Óscar 2006 á mellor curtametraxe e 7:35 de la mañana, de Nacho Vigalondo, candidata ao Óscar 2004 á mellor curtametraxe.

A proxección que será de balde, terá lugar no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

Os profesores

Tras realizar curtametraxes en vídeo que foron premiadas en varios festivais, Nacho Vigalondo escribe, dirixe e protagoniza a súa primeira curta en cine: 7.35 de la mañana. Ademais de gañar máis de 70 premios en festivais de todo o mundo, foi candidato ao Oscar á Mellor Curtametraxe e ao Premio da Academia Europea. Despois de dirixir a súa segunda curta, Choque, debuta na longametraxe con Los Cronocrímenes, que actualmente se atopa en fase de post-produción. É socio de Arsénico Producciones (xunto a Borja Crespo, Koldo Serra, Nahikari Ipiña e Borja Cobeaga) e realiza asiduamente spots publicitarios.

Borja Cobeaga alterna a dirección de programas de televisión coa realización de curtametraxes. Para a televisión ten dirixido programas de humor como Vaya Semanita ou Territorio Champiñón, ao tempo que foi guionista de Agitación+IVA, Splunge ou Made in China. Previamente traballou como realizador de Gran Hermano ou Confianza Ciega. No terreo da curtametraxe escribiu e dirixiu La primera vez, co que foi candidato ao Goya e conseguiu máis de 30 premios. A súa segunda curtametraxe, Éramos pocos colleitou máis de 70 galardóns e foi candidata ao Óscar á Mellor Curtametraxe.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES