Notas de prensa

A reforma do sistema sanitario galego fundaméntase na reorganización asistencial

Tamén contempla unha política de recursos humanos ordenada e unha xestión eficiente dos recursos económicos.

O secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez Escudero, salientou que se está a levar a cabo unha reforma do sistema sanitario galego, que ten fundamentalmente tres eixes: o da política de Recursos Humanos, o de recursos económicos, e o proceso de transformación e reorganización asistencial en todos os ámbitos do sistema. Cayetano Rodríguez Escudero, salientou que a maiores outro eixe estratéxico que é a normativa, “hai un proxecto de lei de saúde, que é o elemento que recolle a arquitectura do sistema sanitario público galego, e que recolle os novos dereitos e novas obrigacións dos axentes e da cidadanía”.

Nesta liña, o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde subliñou a firme aposta da Sanidade pública galega pola creación de emprego e o emprego de calidade. Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado dos directores xerais de Asistencia Sanitaria, Julio Villar Barreiro, e de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, Antonio Fernández Paniagua, asegurou que “queremos mellorar as condicións laborais da maioría dos profesionais, pero tamén que calquera acordo que se produza, ademais de procurar melloras lexítimas das condicións laborais, permita melloras organizativas e funcionais do sistema sanitario”.

O director xeral de Recursos Humanos, Antonio Fernández Paniagua salientou que na actualidade, os profesionais perciben que o Servizo Galego de Saúde “ofrece un sistema ordenado, regrado e obxectivo para acceder ao emprego temporal, e con ofertas de emprego nos anos pares, e concurso de traslados nos anos impares e toma de posesión simultánea”.

O Servizo Galego de Saúde vai a ofrecer a partir do primeiro de maio, un vínculo estable a 202 profesionais médicos que levaban máis dun ano encadeando contratos de corta duración de maneira case ininterrompida. Esta é consecuencia da aplicación, desde o pasado mes de febreiro, do Plan de Estabilidade e Fin da Precariedade que prevé que para o ano 2009 a taxa de interinaxe se sitúe por debaixo do cinco por cento, a máis baixa posible.

O censo destes profesionais verase completado esta mesma semana con outros profesionais que puideran estar incluídos nestas condicións, logo dunha nova xuntanza da comisión de seguimento do devandito Plan que permitirá completar o listado inicial elaborado pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional en colaboración con cada un dos hospitais da Sanidade pública galega.

Tamén o Servizo Galego de Saúde prevé pechar os compoñentes dos tribunais das oposicións para facultativo da OPE 2006, que celebrarán os seus exames a última semana de xuño. Serán en total 773 prazas de facultativo, que se suman ás 2.311 doutras setenta categorías que o ano pasado convocou o Servizo Galego de Saúde e que xa están a desenvolver os seus exames cada fin de semana desde decembro pasado.

Por outra banda, convocarase o concurso de traslados que concluirá paralelamente á resolución da Oferta Pública de Emprego de 2006, de modo que ámbolos dous procesos se desenvolvan en paralelo .

Precisamente os dereitos destes 60.000 opositores e opositoras veríanse lesionados no caso de que se paralizase ou anulase a Oferta Pública de Emprego xa convocada e publicada no Diario Oficial de Galicia o ano pasado.

Neste senso, Antonio Fernández Paniagua subliñou que a modificación desta convocatoria non é posible, tal e como prantexan representantes da asociación de facultativos interinos, que presentaron as súas reivindicacións en seis puntos dos que “o acordo da mesa de seguimento cumpre practicamente todos, salvo que se incrementen as prazas da OPE 2006, algo que rexeita a análise xurídico”.

Fronte a isto, “o conseguido polos axentes sociais é dun valor inestimable: a estabilidade de todos os profesionais temporais, a garantía de que todos eses vínculos se convertan en prazas vacantes de interinidade no 2008, que no primeiro trimestre de 2008 se convoque unha nova OPE, que ao concurso de traslados vaian o 100 por cento das prazas, que os programas formativos se dimensionen para que se parezan á idea tradicional de temario, e que o proceso de selección de persoal temporal sexa regrado e obxectivo”.

O departamento que preside María José Rubio Vidal considera que as Ofertas Públicas de Emprego son un chanzo imprescindible para a estabilidade e a atracción de profesionais ao sistema sanitario galego. A convocatoria de 2006 ofertaba todas as prazas orzamentadas vacantes que podían ser cubertas. É a primeira convocatoria ordinaria de profesionais sanitarios que fai a Comunidade Autónoma dende a creación do Servizo Galego de Saúde.

Carreira do persoal de xestión e servizos e técnicos de formación profesionais

Por outra banda, o director xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional chamou aos axentes sociais a unha revisión das súas expectativas para poder acadar o acordo posible, que non poderá ser nos termos solicitados e que deberá ponderarse en liña co pactado no resto das comunidades autónomas e comezar a aplicar a carreira profesional do persoal de xestión e servizos e técnicos de formación profesional a partir do vindeiro 1 de xullo, para un colectivo integrado por preto de 14.000 profesionais, tal e como anunciou o Goberno galego.

Neste momento da negociación, as contías económicas demandadas polos sindicatos, son moi superiores ás carreiras xa pactadas noutros servizos sanitarios de España. A Administración xa ten comunicado que carece de recursos para establecer en Galicia a carreira mellor pagada e coas mellores condicións de acceso e desenvolvemento do conxunto do Estado.

Por iso, o Servizo Galego de Saúde entende que o acordo será posible nos dous meses e medio de negociación que restan ata que a carreira profesional deste colectivo entre en vigor, pero estima que serán necesarios importantes esforzos de aproximación por parte da representación sindical.

Novas liñas

Pola súa banda, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Julio Villar Barreiro, salientou que hai que continuar traballando na redución das listas de espera dende moitas liñas e “hai todo un proxecto que non se conceptúa nunha sola liña, hai que adoptar cambios organizativos”.

Para Julio Villar Barreiro é fundamental o desenvolvemento do Plan de Mellora da Atención Primaria, que ofrece máis efectividade e máis resolución dende a orixe; tamén ofrecer máis coordinación, reordenar o sistema e planificar tendo en conta as necesidades dos pacientes e onde o proceso asistencial teña unha lóxica.

Gabinete de Comunicación do Servizo Galego de Saúde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, 2007-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) Os concellos de Larouco, A Rúa e O Barco de Valdeorras, en Ourense, acollerán os meses de xuño, xullo e agosto a primeira edición do Festival ‘Entre Covas: Festival de Artes e Enoturismo de Valdeorras’, organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras. O Festival 'Entre Covas' dará comezo o 20 de xuño na Cova da Xabreira cun espectáculo de maxia; o 18 de xullo será nas covas da Adega Melilla, Joaquín Rebolledo e Alán de Val con distintos expoñentes de música tradicional e, finalmente, o 22 de agosto será a cova das adegas Blare, que acollerá un espectáculo de danza contemporánea. O aforo será limitado debido ao espazo reducido das covas.
Foto de la tercera plana (tren-turistico-ponte.jpg) Arrinca unha nova edición dos Trens Turísticos despois dunha primeira quenda de experiencias en marzo co tren da Ruta da Camelia. Desta vez, os percorridos que retoman a iniciativa son os da Ruta da Ribeira Sacra-Sil e dos Faros. O tren da Ruta da Ribeira Sacra polo Sil comeza o percorrido cunha visita teatralizada na estación de Os Peares. Tras dun breve traxecto realízase unha visita guiada á adega Regina Viarum, para seguir ata Monforte de Lemos. Despois do xantar, unha Ruta en catamarán polo río Sil, á que se sumará unha parada no mosteiro de San Pedro de Rocas para volver a Ourense. A Ruta dos Faros desenvólvese pola costa norte de Galicia, desde Ferrol para visitar Cabo Ortegal, a Serra da Capelada e Santo André de Teixido, Ortigueira, Viveiro, Estaca de Bares e os acantilados de Loiba.

Notas

Un equipo internacional de científicos, co-liderado polo investigador galego Roberto J. Brea do CICA, acaba de conseguir un fito clave na construción de células artificiais: crear membranas que, igual que en células vivas, poden manterse, transformarse e reorganizarse mediante un ciclo de metabolismo químico autónomo. O estudo foi publicado esta semana na portada da prestixiosa revista Nature Chemistry e presenta un sistema completamente sintético
Camilo José Cela aseguraba en 1962 nunha entrevista no diario Arriba: 'Me proclamo feminista y me gustaría verlas sublevadas', en alusión ás mulleres escritoras coetáneas. Desta declaración hai máis de sesenta anos xurde a exposición 'Me proclamo feminista'. A relación de Cela coas escritoras e artistas do seu tempo' que dende este venres 6 permanecerá aberta ata o 4 de xullo no Claustro Alto do Colexio de Fonseca de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES