Notas de prensa

Pesca subvencionou 168 vixiantes para as confrarías galegas en 2006

Carmen Gallego destacou que no pasado ano se levantaron máis de 6.250 actas de inspección nas rías galegas.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, sinalou no Parlamento de Galicia que o departamento que dirixe subvenciona unha parte importante dos servizos de vixilancia das confrarías de pescadores. Así, en 2006 se
financiaron un total de 168 vixilantes que, unidos aos 141 funcionarios do Servizo de Gardacostas, se encargaron de protexer os recursos das prácticas dos furtivos. Neste senso, a responsable de Pesca abogou pola colaboración entre o servizo de inspección pesqueira da Xunta e os vixilantes dos pósitos para acadar un servizo máis eficaz. De feito, este tipo de colaboración xa se está a desenvolver con éxito nalgunhas rías.

Gallego Calvar sinalou respecto dos problemas de funcionamento que poden darse puntualmente no Servizo de Gardacostas que xa advertira na anterior lexislatura que a Lei de Gardacostas que elaborou e finalmente aprobou o PP “ía acarrear problemas de xestión” porque todos sabiamos que “non era un instrumento eficaz para loitar contra o furtivismo en Galicia”. Non entanto, a responsable de Pesca sinalou que a nova de Lei que está a
preparar o seu departamento daralle solución aos problemas que ocasiona a norma elaborada polos populares.

Carmen Gallego explicou tamén que ao longo do pasado ano se levantaron nas rías galegas máis de 6.250 actas de inspección por parte dos Gardacostas e salientou os resultados acadados coa colaboración que están a manter cos corpos e forzas de Seguridade do Estado en temas de inspección e vixilancia, a través de diversos convenios.

Formación e información

A Conselleira recoñeceu que o furtivismo, que se centra principalmente nas rías de A Coruña, Ferrol e a parte interna de Arousa, é unha realidade que existe dende hai moitos anos e abogou, ademais de polos medios de inspección, pola posta en marcha de campañas de formación e accións divulgativas “que nos permitan acabar con estas accións que
realizan persoas totalmente insolidarias”.

Entre as medidas postas enriba da mesa para evitar estas prácticas ilegais, a responsable de Pesca apostou tanto polas campañas de información dirixidas a todos os cidadáns, amosándolles os tamaños mínimos das especies e as súas épocas de veda, como polos cursos de formación para concienciar ás persoas que acceden por primeira vez a esta
profesión da importancia de coidar e respectar os recursos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES