Notas de prensa

Os postos de lectura en horario extraordinario cubriron a demanda dos estudantes, según a USC

Unha hora antes de rematar o horario, as bibliotecas abertas na primeira fin de semana de febreiro rexistraban unha ocupación de entre o 10 e o 30%.

A afluencia de estudantes ás tres bibliotecas que a USC mantén abertas con horarios extraordinarios, cunha oferta de 1.396 postos de lectura, comeza a diminuír de xeito significativo entre as 20:00 e as 21:00 horas. Nesa franxa horaria, o pasado sábado 3 rexistrouse unha ocupación do 77 por cento, mentres que unhas horas despois, ás 00:00, permanecían ocupados só o 46,8 dos postos ofertados. A tendencia foi similar o domingo, día 4, xa que mentres a ocupación ás 20:00 horas era lixeiramente superior ao 74 por cento, a media noite esta cifra volvía estar por debaixo do 50 por cento.

Na xornada do sábado 3, unha hora antes do peche das bibliotecas, ás 2:00 horas, na de Ciencias Económicas estaban baleiros o 90 por centos dos postos; en Filosofía, máis do 83 por cento, e na Concepción Arenal unha porcentaxe próxima ao 70 por cento.

A ocupación destas bibliotecas abertas en horario extraordinario foi desigual en cada unha delas. En Filosofía o sábado 3 superou o 75%, mentres que o domingo tivo o 80 por cento. Nas outras dúas, a ocupación media diaria foi moi inferior, sendo en Económicas do 46% e do 41% o sábado e o domingo, respectivamente; e inferior ao 60 por cento os dous días na Biblioteca Concepción Arenal.

Á vista destes datos de ocupación, o Consello de Dirección da USC considera que as tres bibliotecas abertas “cubren amplamente a demanda de postos de lectura en horario extraordinario” e considera que o encerro realizado por estudantes esta mesma fin de semana “responde máis a unha preferencia minoritaria, que pode ser atendida sobradamente nas bibliotecas abertas, e non á necesidade de postos de lectura”.

Horario extraordinario

As bibliotecas Concepción Arenal e as das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Filosofía, en Santiago, e a Intercentros do Campus de Lugo manteñen ata o 15 de febreiro horarios extraordinarios de apertura coincidindo coa celebración do período de exames do primeiro cuadrimestre.

Deste xeito, os estudantes dispoñen de salas de estudo nestas bibliotecas en horario ininterrompido de 8:30 a 3:00 horas da madrugada, de luns a venres, e de 10 a 3:00 horas os sábados e os domingos. En total, son algo máis de 3.000 postos de estudo nas catro bibliotecas con horario extraordinario. A da Facultade de Ciencias Económicas dispón de preto de 350 postos, a de Filosofía case cen, mentres que a Concepción Areal 950, e a Intercentros de Lugo ten ao dispor dos estudantes máis dun milleiro de postos.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2007-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES