
O Consorcio e o CICA (Curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais) van organizar as xornadas de PITCHING, como vender un proxecto audiovisual para amosarlle aos profesionais do sector as estratexias de comunicación e as técnicas de pitching de cara á presentación dos seus contidos audiovisuais a potenciais inversores ou compradores.
Conseguir que un proxecto audiovisual se materialice supón un proceso moi longo que comeza, precisamente, coa presentación e defensa en moitos casos tan só dunha idea, para a procura de financiamento ou a venda de dereitos de explotación.
O mercado do audiovisual a nivel internacional é moi competitivo e, ás veces, o que fai que un proxecto se leve finalmente a cabo é unha boa presentación e defensa do mesmo. De aà o interese por organizar estas xornadas para os profesionais en activo e os que se están a preparar para selo.
Estas xornadas teñen lugar na Facultade de Comunicación Audiovisual, Campus de Elviña, os dÃas 23 e 24 de febreiro e os dÃas 13 e 14 de abril. Terán un carácter eminentemente práctico logo dunha breve introdución teórica na metodoloxÃa do pitching, xa que se incluirá unha fase de adestramento mediante técnicas de role-play e simulación, de xeito que os participantes van ter que defender o proxecto audiovisual que lles sexa asignado polo titor.
Por outra banda, as defensas e presentacións dos proxectos serán gravadas en vÃdeo e despois da súa edición serán obxecto de análise individual co titor, para o que se convocará aos participantes previamente e de maneira individual.
Para desenvolver estas xornadas contarase coa experiencia de dous profesionais vinculados a unha das máis importantes empresas españolas que comercializan o cine español por todo o mundo: Filmax Entertainment. Trátase, por unha banda, de Paco RodrÃguez, produtor executivo de Filmax Animation en longametraxes con tanto éxito como El Cid, La Leyenda; Gisaku ou, máis recentemente, a gañadora do Goya 2006 Pérez, o ratiño dos teus soños; e por outra banda, de Ãngel E. Pariente, guionista de Gisaku, Donkey Xote, El Guerrero sin nombre e The Waiting, entre outras.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.