Notas de prensa

Aberto o prazo para que os centros educativos participen nas propostas de actividades para o Día das Letras Galegas

Política Lingüística convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, a época e a lingua de María Mariño.

Darlle maior protagonismo á comunidade educativa nos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas é o obxectivo da convocatoria que vén de enviarlles aos centros de ensino a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dun concurso para a realización dunha exposición pluridisciplinar que aborde a obra e a época da autora homenaxeada este ano, ou a situación sociolingüística da etapa histórica na que viviu María Mariño Carou.

A convocatoria diríxese a todos os centros de ensino non universitarios de Galicia e aos da Galicia exterior, tanto públicos como privados. Nas bases establécense dúas categorías, unha para os centros de educación infantil e primaria e outra para os restantes.

Con este concurso preténdese potenciar o estudo da obra e da época de María Mariño, fomentar a colaboración interdepartamental e ofrecer proxectos atractivos e orixinais de traballo nas aulas, ao tempo que se busca enriquecer a oferta de materiais existentes para o traballo na aula en lingua galega.

A exposición terá un máximo de 15 carteis e un mínimo de dez e contará, ademais, cunha guía. Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que orienten a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. As propostas seleccionadas de cada unha das categorías serán distribuídas nos centros de ensino de toda Galicia. Ás dúas exposicións elixidas concederáselles un premio de 3.000 euros.

Os centros interesados en participar no concurso poderán presentar os proxectos nos gabinetes provinciais de normalización lingüística ata o día 2 de marzo. Ademais desta iniciativa, Política Lingüística distribuirá nos centros outros materiais e propostas para a conmemoración desta data.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, 2007-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES