
Tras catro anos de afianzamento do programa Curtas de promoción da curtametraxe galega a nivel nacional e internacional, o Consorcio Audiovisual de Galicia presenta a súa última edición, o Curtas 06, no marco do mercado máis importante deste tipo de producións en Europa, o Short Film Market de Clermont Ferrand, que terá lugar do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro na citada cidade francesa.
O Consorcio contará cun stand paraugas xunto con outras 7 comunidades autónomas onde, entre outras actividades, manterá reunións con organismos, distribuidoras e canles de TV para dar a coñecer a produción galega de curtametraxes, incluíndo unha proxección o día 1 de febreiro das obras Botellón e El castigo, dous proxectos que forman parte do catálogo Curtas 06.
A convocatoria do Curtas 06 saíu publicada o día 30 de agosto do 2006, finalizando o prazo para a inscrición o 29 de setembro. As curtametraxes tiñan que cumprir o requisito de estar producidas entre o 1 de abril de 2005 e o 31 de xullo de 2006.
Para a selección das curtametraxes que conforman o catálogo, reuniuse unha Comisión de selección que estivo formada por profesionais e expertos da talla de José Luís Rebordinos, director da Semana Internacional de Cine Fantástico e de Terror de San Sebastián e membro do Comité de Dirección do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, e José Luís Cienfuegos, director do Festival de Xixón.
Esta comisión decidiu por unanimidade incluír unha curtametraxe a maiores das cinco que se viñan contemplando nas anteriores edicións debido á grande variedade en canto a xéneros dentro dos proxectos presentados. Tamén destacaron a elevada participación das Escolas de Imaxe e Son, incluídas este ano dentro da convocatoria entre outras novidades, como a subtitulación ao francés do catálogo.
As cores do frío e Retrato dun home pensativo da EGACI; Botellón de 5 Manías S.L.; El castigo de Isabel Ayguavives, Pechados do Master en Creación e Comunicación Dixital da UDC e JEDN de IB Cinema son as producións que conforman un dos catálogos máis completos dos últimos anos, no que están presentes a ficción, a animación e a curta documental.
Despois do éxito dos Curtas 03 e Curtas 04, a traxectoria do Curtas 05 seguiulle os pasos ás súas predecesoras no que a premios e solicitudes por parte de organismos e festivais se refire. As curtametraxes do catálogo estiveron premiadas nunha ducia de festivais, entre eles: Naoussa (Grecia), Alpinale (Austria), Cambrils, TIFF (Albania), Cinemaljavir. Tamén se recibiron solicitudes de institucións coma o Instituto Cervantes ou a Rede MECAL de distribución, grazas á cal as curtas participaron en dúas xiras en Brasil e Venezuela.
O compromiso do Consorcio coa produción da curtametraxe en Galicia dá un paso máis coa organización dun obradoiro sobre a realización de curtametraxes, titorizado polos directores Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga. Esta actividade, que comezou a deseñarse no 2006, realizarase en colaboración co KIMUAK programa de promoción da curtametraxe da Filmoteca Vasca -. Nacho foi nomeado ao Oscar á mellor curtametraxe no ano 2004 por 7:35 de la mañana e está a piques de estrear a súa primeira longametraxe e Borja é candidato ao Oscar na edición deste ano por Éramos pocos.
Tanto a candidatura de Borja como a presentación da nova película condicionarán a data final do curso, que en principio está previsto para o mes de abril.
O curso, de carácter teórico práctico, pretende amosar tódolos pasos da creación dunha curtametraxe, incidindo en temas como o guión, a planificación
da rodaxe, a montaxe, a edición do son, a música e a distribución, na que tanto Nacho como Borja teñen moito que aportar aos participantes do obradoiro.
Os destinatarios desta actividade serán: directores, guionistas, técnicos (fotógrafos, montadores...), ou actores que participaran nalgunha obra audiovisual (preferentemente de ficción) e se atopen en fase de desenvolvemento dun novo proxecto. Nas xornadas combinaranse as explicacións teóricas dos profesores, os visionados, a exposición de experiencias, xunto coa análise dos proxectos de curtametraxes presentados polos alumnos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.