
Ramón Montero é un velliño entrañable que pasou toda a vida traballando. De novo, durante a Guerra Civil, foi trompeta, corneta e cabo de trompeta. Logo tivo unha barbeiría durante moitos anos, ata que cumpriu os 65. Con 16 anos foi aserrador nunha fábrica dos Ánxeles. Agora é o campaneiro retirado de Bastavales, tras cederlle o posto ao seu fillo Ramón. Cumprirei 82 anos en abril. Ás veces aínda vou tocar as campás cando o meu fillo non pode, pero xa estou xubilado. Agora dedícome á vida do campo e ás miñas cinco ovellas. A muller máis eu criamos cordeiros. Cando teñen 14 ou 15 quilos mátanse, declara.
De todas as súas dedicacións a que máis apaixonou á Montero foi a de campaneiro. Crieime nese ambiente, na igrexa. Alí aprendín a tocar porque antes deixaban na víspera das festas a porta do campanario aberta para que quen quixese fose tocar. Ese costume xa se perdeu como moitas outras, láiase. Cando tiña 15 anos fun sacristán durante seis meses e aí aprendino todo. Cobraba corenta pesos ao ano e prendía as velas dos sete altares. Hoxe son electrónicas, declara. Antes un ía ao seu pero agora fáiselle demaisado caso ao cura e iso que o campaneiro é escollido polos parroquianos, como me pasou a min, di.
Canso de traballar, Ramón prefire agora, o sosego, a paz, aínda que lle siguen pasando cousas. Onte caín do tractor e case me rompo as costelas. Cando era campaneiro non me pasaba nada, ou si... Recordo unha vez que me topei unha moza que me pediu cartos e eu negueime e ela díxome que non valía para nada e eu contesteille: volve aquí e verás se valo. Viña entón de tocar, relata.
Falando da linguaxe das campás, Ramón Montero ponse nostálxico, triste... Se ardía o monte había que tocar, pero agora iso xa non se fai. Ao contrario. Este ano deixouse queimar todo. Se un neno morre hai que repinicar cando chega á igrexa e logo cando se acerca o cemiterio.Se hai algún morto danse oito campanadas na grande e na mediana, cunha parada para as mulleres e dúas para os homes. Nas vodas non se toca, conta.
Aínda hai máis tradicións. O Día de Defuntos tócanse dúas campanadas e pásase a noite repinicando ata as catro da mañá, hora da primeira misa. Esta proposta tamén se perdeu aínda que o meu fillo vai porque lle mando eu. Tamén se toca a alba os domingos e os festivos, ou tocábase. Todos estes costumes veñen de 1912 cando o cura de entón impuxo tales tradicións que se seguiron por nós ao pé da letra. El tocaba todas as mañás para avisar os obreiros do comezo da xornada, comenta.
O campanario de Bastavales é memorable. Del falaba Rosalía de Castro no seus poemas. Ela criouse na miña aldea en Soigrexa. A pena é que se lle valorou moito máis en Padrón que aquí. Levaba xa a escritora morta cen anos cando lle puxemos un busto. Ata que a vaca da leite..., rememora.
Do seu paso pola televisión, Montero recorda con orgullo a súa tocada de campás no Luar. Toquei, hai dous anos, unha muiñeira cuns gaiteiros de Lalín, confesa.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.