Notas de prensa

A Sala Yago estrea Grita tengo Sida...el laberinto

Trátase dunha montaxe de teatro social na liña de Voces contra la barbarie, sobre os atentados do 11-M.

A compañía madrileña Dante Teatro presenta na Sala Yago ‘Grita Tengo Sida… El Laberinto’. Con esta montaxe o director Adolfo Simón continúa na liña de teatro social que iniciara con montaxes coma ‘Voces contra la barbarie’ que xiraba en torno aos atentados do 11-M en Madrid. ‘Grita Tengo Sida… El Laberinto’ está na Sala Yago o xoves 11 e o venres 12 de xaneiro ás 20.30 h; e o sábado 13 ás 22.30h.

Esta montaxe ten unha característica especial en canto ao emprego do espazo escénico. O escenario non se entende neste caso de xeito tradicional. O público entra no espazo escénico unha vez que entra na sala. E toda a sala (entrada, escaleiras, hall da primeira planta, etc) é o escenario. A obra desenvólvese no conxunto da sala e para vela o público debe transitar por todo o edificio.

Desde o teatro, espello da sociedade, reflexo dunha realidade á que ven obrigado desde a súa orixe, quixemos pulverizar os prexuízos que esta enfermidade segue levantando… Non tratamos por igual a un enfermo de cáncer que a un seropositivo,“…es la funesta enfermedad de estos tiempos que paraliza los esfuerzos y corroe el alma”di un dos personaxes de… EL LABERINTO, onde, nunha viaxe que se propón ao espectador a través de unha variedade de escenarios e personaxes, este participa da montaxe ante a proximidade do actor e a verdade da súa mensaxe onde, emisor e receptor están unidos sen interferencias, o que provoca a singularidade e orixinalidade desta obra teatral que se alimenta do texto de autores da talla de Ignacio Amestoy, Rosa Regás, Pedro Víllora, Domingo Miras e Guillermo Heras que xa o un de decembro de 2005 deixaron oír a súa voz por todo Madrid, nun berro único contra a SIDA.

A XVI conferencia mundial de SIDA, recentemente celebrada en Toronto (Canadá) arroxou unhas cifras alarmantes de persoas que viven co V.I.H.: 150.000 en España e 40 millóns no total do mundo, o que significa que si os reuníramos a todos xuntos estaríamos ante un país como o noso contaxiado de SIDA.

A presenza española foi discreta cunha manifestación de intencións pois nestes momentos non existe plan algún para paliar e axudar a esta pandemia, sendo este año 2006 no que o noso goberno trazará o plan a seguir nos próximos anos nesta loita, que non debe quedar no primeiro de decembro como emblema da loita senón denunciar durante os 365 días do ano.

As institucións sanitarias e culturais, tanto centrais, como autonómicas ou municipais, deberían acercarse tamén a este problema non só desde a declaración de intencións senón apoiando e axudando a quen sen apenas medios, desde o TEATRO, queren ser instrumentos de concienciación de este problema.

Durante o mes de xullo probamos a experiencia teatral na sala DT de Madrid, con unha satisfactoria acollida do público, pero sen repercusión nin institucional nin mediática. A intimidade desta proposta fai que só un máximo de 22 espectadores poidan pasar polo labirinto o que esixe un esforzo maior por facer chegar este mensaxe.

Sabemos do ocupados das vosas axendas e o voso traballo diario, pero agora é a oportunidade…

FAI O QUE POIDAS, ESTÁ NA TÚA MAN.

Apoia e difunde…

BERRA… TEÑO SIDA!...

O LABERINTO

Sala Yago, 2007-01-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES