
A figura do ex presidente da Rexencia de España no século XIX, Pedro de Agar y Bustillo, rememórase en Santa Mariña (Muxía) o día 13 de xaneiro. Trátase, deste xeito, de recuperar un personaxe da historia do noso país bastante esquencido, aproveitando que ven de remata-lo ano adicado á Memoria Histórica.
A Casa de Trillo, da que se conservan documentos forais desde 1558, na actualidade adicada a establecemento de turismo rural, e que foi cuna dos Agar, celebrará unhas xornadas sobre este personaxe.
O día 13, ás cinco da tarde, da comezo unha mesa redonda, con posterior coloquio, da que forman parte os seguintes poñentes:
- Rubén Lois. Director xeral de Turismo e ex decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago.
- Jesús Ángel Sánchez: Doutor en Historia da Arte, profesor na Universidade de Santiago, e autor, entre outros moitos, dun estudo sobre a casa que levantou Agar na rúa que leva o seu nome da cidade de A Coruña.
- Prudencio Viveiro Mogo. Licenciado en Xeografía e Historia. Técnico no arquivo da emigración do Consello da Cultura Galega. Está a remata-la tese doutoral sobre a política liberal no século XIX, baixo a dirección do profesor e ex rector da Universidade de Santiago, Ramón Villares.
- Manuel Vilar Álvarez. Licenciado en Xeografía e Historia, investigador e escritor.
- Alfredo Erias: Licenciado en Xeografía e Historia, escritor, e director do Museo das Mariñas, de Betanzos, cidade na que estivo recluído Agar.
- Alfonso García: Notario, escritor, e estudoso das persoas relevantes do comercio coruñés no século XIX.
Referencias sobre os Agar
Benito de Agar y Leis naceu na actualmente coñecida como Casa de Trillo, en Santa Mariña (Muxía). Máis tarde emigrou ó Novo Reino de Granada, como axudante de cámara do virrei José Alfonso Pizarro, chegando a ocupar, entre outros cargos, o de alcalde da cidade de Santa Fe de Bogotá. O seu fillo, Pedro de Agar y Bustillo, foi un ilustre mariño, e un dos protagonistas da política española da época.
De Agar y Bustillo acadou a presidencia da Rexencia de España en dúas ocasións: 1810 e 1813. Desempeñou ademais o cargo de deputado nas Cortes de Cádiz, ó tempo que, tras ingresar na Armada en 1780, participou en varias accións navais no continente americano.
Máis tarde, os cambios políticos fixeron que Pedro de Agar sofrira desterro na cidade de Betanzos. O clamor popular, que esixía a volta ó poder do prestixioso liberal, provocou que en 1820 asumira a xefatura a política e a capitanía xeral do Reino de Galicia.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.