Notas de prensa

O Concello de Pontevedra crea o Fondo Documental www.desenhogalego.org

Trátase dun arquivo electrónico do Deseño Gráfico Galego Contemporáneo con vocación de promocionar as tendencias gráficas dos creativos.

A institución municipal, a través deste Fondo Documental, pretende contribuír ao coñecemento público da creatividade galega, dotala dun novo instrumento de promoción e impulsar a interrelación entre os diversos axentes que interveñen nos procesos de creación das mensaxes.

Todos os deseñadores galegos de elementos visuais concibidos para a comunicación social (tanto profesionais como empresas) están invitados a participar na web do Fondo Documental, exhibindo os seus últimos traballos e axudando a que o proxecto cobre vida.

As categorías de traballo nas que poden publicar as súas obras son as seguintes:

1 Deseño editorial

2 Deseño publicitario

3 Deseño difusión cultural

4 Deseño xornalístico

5 Imaxe corporativa para pequena empresa

6 Imaxe corporativa mediana ou grande empresa

7 Imaxe corporativa institucional

8 Imaxe corporativa de difusión cultural

9 Marca alimentación

10 Packaging

11 Marca textil

12 Marca pequeno comercio

13 Ilustración infantil

14 Ilustración humorística

15 Ilustración publicitaria

16 Sinalética

17 Productos senlleiros

18 Fotografía publicitaria

19 Fotografía xornalística de actualidade

20 Fotografía de reportaxe

21 Infografía de actualidade

22 Infografía publicitaria

Todas estas categorías limítanse aos elementos visuais pensados para ser impresos ou realizados sobre soporte opaco (papel, tela, corpóreo, etc), pero coa intención de ir ampliando o Fondo Documental a medida que estes campos empecen a estar ben cubertos, incluíndo novas disciplinas relacionadas cos medios audiovisuais e electrónicos.

Tamén existirá un capítulo especial para a producción que se realice en escolas, centros de formación ou universitarios, como anticipo dos traballos que estes futuros profesionais poderán desenvolver no panorama do deseño galego do século XXI.

A posta en funcionamento do espazo web Fondo Documental do deseño gráfico galego, servirá de ferramenta promocional estábel para o panorama da creatividade visual que se realiza no noso país. Pero ademais, será o punto de partida da mostra Deseña Gz, que se levará a cabo na cidade de Pontevedra en marzo de 2007.

Entre todos os traballos publicados na web, o comité organizador da mostra seleccionará ao redor de 100 obras para a súa exhibición á cidadanía.

A iniciativa está enmarcada no proxecto INTERREG III da UE para a dinamización dos centros históricos, xa que na cidade de Pontevedra teñen a súa sede algunhas das institucións relacionadas coa creatividade galega, como son as facultades de Ciencias da Comunicación (con estudios de Relacións Públicas, Publicidade e Com. Audiovisual), a Escola Superior de Moda de Galiza e a Facultade de Belas Artes.

Paula Acuña (Fondo Documental do Deseño Gráfico Galego Contemporáneo: www.desenhogalego.org), 2007-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES