Notas de prensa

O Karpin Galicia estréase cunha marcha cicloturista

O equipo do Karpin Galicia, antes de iniciar o seu calendario de competición en Mallorca, quere dar as primeiras pedaladas arroupado polo cicloturismo galego.

Para dotar dunha maior oficialidade ao acto, a Fundación Ciclismo Galego, organismo do que depende administrativamente o novo equipo profesional que dirixe Álvaro Pino, organiza unha marcha cicloturista federada o sábado 13 de xaneiro na Costa da Morte, aproveitando a concentración que realiza na zona entre o 9 e o 20 de xaneiro.

A marcha ofrece aos participantes dúas opcións: un itinerario A, cun percorrido de 83 Kms sobre o traxecto Cee-Muros pola costa e regreso de novo a Cee polo alto da Paxareira; e un itinerario B que subirá directamente ao alto da Paxareira dende O Viso, sen necesidade de chegar a Muros, cunha lonxitude de 56 Kms. Ámbolos dous grupos atoparanse no alto do porto e retornan xuntos a Cee, localidade que acolle a saída e a chegada da marcha.

Aínda cabería a opción dun terceiro percorrido pola costa, sen subir ao porto, duns dez quilómetros de lonxitude, para os menos rodados nestes temperáns compases da temporada, pois do que se trata é de dar a oportunidade ao maior número de cicloturistas de participar na primeira pedalada oficial do Karpin Galicia, cuxo nacemento constitúe un feito histórico para o ciclismo galego.


A marcha cicloturista está aberta a todos e todas os e as cicloturistas e ciclistas galegos, maiores de 16 años. Ao tratarse dun evento federado, esixirase o uso do casco protector e estar en posesión de licenza oficial ou ben da licenza dun día, que se encargará de tramitar a propia organización, no caso de que non se teña aínda a anual.

Ao remate da marcha, os cicloturistas que o desexen, poden participar nunha comida co equipo. Tanto para asistir á marcha como para participar na comida (prazas limitadas) é necesario inscribirse previamente. As cotas son: 5,00 euros (participación na marcha), 15,00 (marcha e comida para os que teñan licenza) e 22,00 euros (marcha, comida e licenza dun día).

Percorridos
Itinerario A: 84 Kms.
Itinerario B: 56 Kms.
Saída: Pavillón de Deporte de Cee

Programa

Día 11: Peche da inscrición(2).
Día 13:
- 09:00 horas: Concentración e retirada de dorsais (pavillón de Deportes de Cee)
- 10:15 horas: Peche da retirada de dorsais
- 10.30 horas: Saída da marcha.
- 13.30 horas: Remate da marcha
- 13.45 a 14.45 horas: Duchas no Pavillón de Deportes de Cee
- 15.00 horas: Comida co equipo Karpin Galicia no Hotel Insua, de Cee.

(2) As inscricións posteriores a esta data estarán supeditadas á existencia de prazas e terán un recargo na cota do 20%.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2007-01-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES