O proceso de Diálogo Social posto en marcha o pasado ano polo Goberno galego acadou xa o seu quinto acordo, froito da Mesa 1, encargada de abordar as políticas de emprego, saúde aboral e economía social. Representantes dos sindicatos UGT e CCOO, da Confederación de Empresarios de Galicia e da Consellería de Traballo asinaron o Acordo sobre Obxectivos e Medidas de Emprego en Galicia. Trátase dun ambicioso programa que establece os retos que hai que superar entre 2007 e 2009 en materia de emprego, na liña da converxencia coa media de Estado e de Europa. Asemade, o documento recolle as medidas e recursos que serán impulsados para a consecución dos obxectivos fixados. O orzamento co que conta ascende a máis de 963 millóns de euros.
O obxectivo concreto que se establece en virtude deste acordo é situar a Galicia nuns indicadores aceptables de convivencia e de cohesión social que se axusten a parámetros medios en correspondencia coa Unión Europea, garantindo os niveis da taxa de emprego; de calidade e estabilidade no emprego; de desemprego; de sinistralidade laboral; de integración laboral da xuventude; de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres galegos e de conciliación da vida familiar e laboral.
Así pois, o acordo establece accións específicas en materia laboral para o que respecta á situación demográfica, estabilidade no emprego, igualdade, mocidade, discapacitados e demandantes en risco de exclusión. Aborda tamén de forma directa criterios de actuación ante os procesos de reconversión e emprendemento, ademais de fórmulas para mellorar a produtividade e o funcionamento do Servizo Público de Emprego.
Obxectivos globais
O documento asinado polos sindicatos e a patronal, xunto coa Administración autonómica, fixa como obxectivo global incrementar a afiliación á Seguridade Social en Galicia ata situala en 2009 en 1.125.000 persoas. Isto equivale a lograr unha taxa de emprego do 66% (agora está no 58,9%, 2,2 puntos por debaixo da media estatal).
En segundo lugar, fíxase o obxectivo de diminuír o paro rexistrado en 50.100 persoas, das que máis de 42.000 serán mulleres, para chegar aos 126.500 demandantes (cifra que ascendía a 158.690 o pasado mes de novembro).
Situación demográfica
Para revertir a situación que fai de Galicia a terceira provincia de España máis envellecida, o presente acordo aposta por incrementar a poboación de entre 16 e 64 anos nun 4,6%, así como por favorecer a integración social e laboral das persoas inmigrantes. Os asinantes consensuaron o fomento do retorno de emigrantes galegos e dos seus descendentes.
Segundo o documento, os retornados e os inmigrantes suporán un incremento de poboación de máis de 82.000 persoas. De entre estes, procurarase que máis de 27.000 (o 33%) teñan entre 16 e 24 anos. O reto é acadar a ocupación de polo menos o 70% desta poboación.
Estabilidade
Por outra banda, establécese o reto de incrementar a taxa de estabilidade do emprego asalariado, mediante a transformación de 1 de cada 2 contratos temporais no sector público e de 1 de cada 4 no sector privado. Neste sentido, o documento establece unha porcentaxe de diminución da temporalidade de 12,5 puntos no sector público e de entre 10 e 12 no sector privado.
Igualdade
O quinto acordo do Diálogo Social establece o obxectivo de incorporar a 15.000 mulleres á actividade laboral remunerada. Desta cantidade, o 15% corresponderá a mulleres con formación profesional. Por outra banda, o 15% serán mulleres de menos de 30 anos.
O acordo fixa ademais unha redución do paro feminino ata 65.500 mulleres (foron rexistradas 100.929 no mes de novembro).
Mocidade
En virtude deste pacto, patronal, sindicatos e Xunta de Galicia apostan por diminuír a poboación parada xuvenil de entre 16 e 29 anos, e tamén por adoptar medidas para incrementar a súa estabilidade no emprego. Os obxectivos concretos son reducir o paro xuvenil en 17.000 mozos, para conseguir que en 2009 sexan só 27.000 os menores de 30 anos en paro. Preténdese incrementar a taxa de estabilidade da mocidade en 19 puntos, ata chegar ao 60%.
Parados de longa duración
A estrutura do paro en Galicia está caracterizada polo paro de longa ou moi longa duración: os 55.222 demandantes que levan máis de doce meses inscritos representan o 375% do total e as 38.202 mulleres, o 427%, porcentaxes superiores aos do Estado en 57 e 64 puntos, respectivamente.
O obxectivo do acordo é reducir o paro de longa duración á metade, ata o 218%. Por unha parte, pretende diminuír a poboación que leve inscrita como parada doce ou máis meses, de tal xeito que no ano 2009 se sitúe a porcentaxe de paro de longa duración no 218%. Por outro lado, pretende reducir o paro de longa duración das mulleres en 20.000 paradas, coa intención de que a porcentaxe de paro feminino de longa duración sexa do 279%.
Discapacitados e demandantes en risco de exclusión social
En total, en Galicia existen 1.353 traballadores discapacitados en Centros Especiais de Emprego. Unicamente o 2,33% da poboación discapacitada está inscrita no Servizo Público de Emprego como demandante. En virtude deste documento, preténdese inserir no mercado laboral, cando menos, á metade dos 5.173 discapacitados rexistrados nas Oficinas de Emprego.
Polo que respecta ao colectivo en risco de exclusión, o número de beneficiarios do RISGA (Renda de Integración Social de Galicia) a 31 de decembro de 2005 era en Galicia de 4.145, sendo en tódalas provincias a maioría deles mulleres. No grupo de idade de 25 a 44 anos concéntrase máis do 50% dos beneficiarios. O obxectivo é reducir nun 35% o número de parados deste colectivo.
Reconversión
No ano 2004 houbo 463 contratos rescindidos en 41 expedientes de regulación de emprego. Na Coruña rescindíronse 98 contratos en 13 expedientes; en Lugo 130 contratos en 3 expedientes; en Ourense 42 en 5 expedientes e en Pontevedra foron 193 os traballadores que viron rescindida a súa relación laboral por medio de 20 expedientes de regulación de emprego.
O obxectivo de cara ao futuro é intervir con accións positivas desenvolvemento de servizos específicos para o emprego, a formación e axuda en relación coa reestruturación de sectores e empresas, e desenvolvemento de sistemas de anticipación de cambios económicos e de futuras esixencias e competencias profesionais.
Emprendemento
No período 1997-2004 incrementouse a asalarización dos traballadores galegos en relación co Estado. Este incremento manifestouse especialmente entre as asalariadas. O obxectivo é incrementar o ritmo de creación de novas empresas de 5.000 ata as 7.000 de media no ano 2009. Para iso, o reto é crear 35.000 novas empresas entre 2005 e 2009, así como incrementar nun 5% o número de empresas de economía social.
Produtividade
O texto asinado polas distintas partes expón que a economía galega continúa coa tendencia positiva de crecemento económico, ao rexistrar un aumento do PIB a prezos de mercado dun 3%, que supoñen 6 décimas más que en 2003. Non obstante, en relación á composición sectorial, é de destacar a grave perda de emprego que se produce no sector primario, que supera en 24 puntos a redución media do Estado. Segundo o documento, a produtividade media de Galicia mantense estancada. Soamente a industria química, a de madeira e o corcho, o ensino e a industria de equipos eléctricos, electrónicos e ópticos superan en produtividade a media estatal e a incrementan no período 2000-2003.
Así pois, os asinantes do acordo fan fincapé na necesidade de incrementar a produtividade media de Galicia en relación co Estado, a través do aumento da productividade media do sector primario, do sector industrial e do sector servizos; a mellora das posibilidades de adaptación aos cambios e o fomento do espírito empresarial e a innovación; e mediante o desenvolvemento de formas innovadoras de organización laboral.
Servizo Público de Emprego
Por último, o quinto acordo do Diálogo Social incide na necesidade de mellorar o Servizo Público de Emprego, que presenta unhas taxas de actividades non homoxéneas en toda Galicia.
Das 934.000 altas de demandas que foron tramitadas nas Oficinas de emprego de Galicia no 2004, 33.000 colocáronse a través de ofertas xestionadas polo Servizo Público de Emprego.
Dos 147.427 parados que estiveron inscritos no Servizo Público de Emprego (paro rexistrado) no 2004, soamente a metade percibiron prestacións. Ese ano a taxa de cobertura era en Galicia do 509% e no Estado era do 638%. No período 1997-2004 a taxa medrou no Estado 143 puntos, e en Galicia só 73.
O documento establece como obxectivos neste punto a redefinición do funcionamento do Servizo Público de Emprego; o establecemento de ámbitos de actuación inferiores á provincia; o incremento da eficacia e presenza da intermediación laboral; e a converxencia co Estado nas taxas de cobertura.
Metodoloxía do acordo
Para cada un dos obxectivos mencionados o documento asinado dentro do proceso de Diálogo Social establece unha serie de medidas concretas nas que é preciso traballar. Por outra banda, inclúense os criterios de avaliación que serán estimados en cada caso, coa finalidade de poder valorar de forma obxectiva e precisa os progresos que se vaian acadando. O documento fixa os indicadores que corresponden en cada apartado, coas cifras que se teñen que acadar cada ano, para chegar ao obxectivo final establecido para 2009.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.