Notas de prensa

Importantes acordos na Mesa Intergubernamental de Xogos e Deportes Tradicionais

A xuntanza do órgano da Unesco en Almaty (Kazajstán) pon en valor a súa recuperación para a preservación das identidades culturais.

Reuniuse na localidade de Almaty (Alma Ata) (Kazajstán) a Mesa Inter-governamental sobre os Xogos e Deportes Tradicionais. Este órgano da UNESCO, composto por delegados e representantes gobernamentais (estatais, nacionais e rexionais), por ONG’s e por Universidades, salientou a importancia dos xogos e deportes tradicionais, na promoción das diversidades culturais e na preservación das identidades culturais a nível local, nacional e internacional.

Ademais, puxo de relevo o papel que a cultura en xeral, e os xogos tradicionais en particular, xogan na construción nacional, rexional e internacional, particularmente através da comunicación intercultural, a preservación da memoria e do patrimonio cultural e deportivo nacional. Tamén se constata que os Xogos Tradicionais crean un impacto significativo –entre outros- na cohesión nacional, polo respecto das identidades das comunidades de pertenzas culturais distintas.

Do mesmo xeito, destacou a dimensión educativa, especialmente a necesidade de transmitir o saber, afianzar o coñecimento, difundir e compartillar a información sobre o patrimonio lúdico dunha determinada comunidade cultural como unha base para contribuír ao desenvolvimento e á promoción dos xogos tradicionais entre as novas xeracións.

Asemade falou da relevancia da proximidade rexional, máis aló das particularidades, con vistas a reforzar a cooperación e os intercambios para desenvolver e promover os Xogos Tradicionais e reflectir mellor as semellanzas, coincidencias e diferenzas, favorecendo o descubrimento, a tolerancia e o respecto mutuo dentro da diversidade cultural para a paz entre os pobos.

Entre as accións a poñer en prática propostas pola Mesa Inter-governamental, destacamos as seguintes:

1. Recomenda-se ás autoridades nacionais deportivas e ao movimento deportivo nacional, que cooperen máis activamente en promocionar e divulgar os Xogos e Deportes Tradicionais, deseñando estratexias dirixidas á incorporación dos compoñentes culturais e dos Xogos Tradicionais durante a celebración de eventos deportivos a nivel nacional (por exemplo durante as cerimonias de apertura) como un programa cultural sistemático.
2. Cada país iniciará un festival nacional de Xogos Tradicionais co apoio dos Governos e axentes interesados. Do mesmo xeito, debería de se promover un festival internacional destes xogos.
3. Os representantes dos Governos aproban e axudan ao estabelecimento, baixo o liderado da UNESCO do “Worldwide body on TSJ” para promocionar, desenvolver e asegurar o seguimento e a harmonización dos esforzos, accións e experiencias en Xogos Tradicionais, en vista de que a diversidade cultural encamiña cara a paz e o desenvolvimento.

Máis información en www.xogospopulares.com

Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional), 2006-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES