Notas de prensa

Igape e ITG colaboran no desenvolvemento de HGPyme

Procúrase unha ferramenta de xestión para controlar compras, vendas, movementos de almacén, contabilidade e tendas virtuais.

Máis dun cento de pequenas e medianas empresas galegas puideron beneficiarse da colaboración que para difundir a innovación manteñen o Igape e a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), entidade que busca situarse nun término que equidiste entre administración e empresa, entre a xeración de coñecemento e a súa aplicación. Trátase dunha fundación privada cun padroado no que figuran os colexios oficiais de Arquitectos, Enxeñeiros Industriais, de Camiños, Navais ou de Minas, as tres universidades galegas, a CEG ou a Xunta e cuxo fin básico é o de facilitar o acceso das pemes á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico para que sexan así máis competitivas.

A idea é difundir e promover a cultura innovadora non só para que sexa aplicada nos procesos produtivos das empresas senón tamén nos de xestión cotiá. Tras esta ambición xurdiron proxectos conxuntos como HGPYme, unha ferramenta deseñada polo ITG para facilitar a xestión desas Pemes, un sistema que é accesible a través de Internet e de estar desenvolvido en código aberto polo que é facilmente adaptable ás necesidades específicas de calquera sociedade. É, ademais, a última evolución dunha inquedanza desenvolvida dende fai anos. “O uso de sistemas de xestión é cada vez máis común nos máis diversos sectores empresariais. Hai catro anos empregábano a metade das pemes españolas. Hoxe ese ratio subiu ata o 75% e crecerá. Este tipo de aplicacións asentaronse no mundo empresarial, teñen un gran presente e un prometedor futuro”, apunta Juan Sobreira, técnico do Ãrea de Programas e Proxectos do ITG.

Sistema de xestión integral

HGPyme é un sistema de xestión integral que incorpora aplicacións que van dende o control de compras, vendas, almacén ou contabilidade ao mantemento dunha tenda virtual ou un portal corporativo na rede. Ou o que é o mesmo, consta dun conxunto de funcionalidades que, por unha banda, permiten a xestión dos procesos de negocio da empresa e, por outro aproveitan a potencialidade de Internet para facilitar e relanzar a imaxe pública on-line da peme. “É un sistema que axuda ás empresas a entender mellor a súa actividade e estandarizar os seus procesos de negocios para que sexan máis eficientes e se poidan concentrar máis noutros esforzos, como servir aos seus clientes e maximizar os beneficios”, explica Sobreira antes de facer balance e recordar que no ITG xa teñen experiencia no desenvolvemento dese tipo de solucións, sempre en colaboración co Igape, e dentro do Plan de Consolidación e Competitividade da Pequena e Mediana Empresa (PCCP).

Así xurdiu SyMGP, dentro dun proxecto suprarregional liderado desde Galicia e que levou unha ferramenta de planificación, seguemento, control e xestión da produción a 24 pemes de Galicia, País Vasco e Castela-León. Ou CSM, iniciativa destinada a 20 pemes industriais que riquiren un control dos seus equipos e maquinaria. “En realidade con HGPyme colmamos unha liña de traballo iniciada en 1996 cando apostamos por desenvolver aplicacións en código aberto e entón ninguén o facía”, lembrase Carlos Calvo Orosa, director xeral do ITG. O financiamento do Igape propiciou que 15 empresas galegas de diferentes sectores puidesen implantar HGPyme.

Colaboración continuada

A presenza de distintos sectores produtivos entre os beneficiarios dos proxectos obedece a unha vocación que explica Carlos Calvo. “A natureza do ITG é horizontal e facemos diso un aceno de identidade porque somos o único centro con esta característica na nosa comunidade”, explica. A liña de colaboración entre o Instituto e o Igape comezou en 1998 a través da denominada entón Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial. Máis adiante canalizouse a través do PCCP. “Somos socios naturais, nós como organismo intermedio e o Igape como xestor de fondos públicos”, lembra María José Mariño, directora do Ãrea de Innovación do ITG. “As pemes son o soporte da economía galega, moitas xa aplican procesos de I+D+i sen ser conscintes diso, pero precisan ter esa tensión de cambio para seren máis dinamicas. Nese senso colaboramos co Igape para promover unha cultura innovadora”, matiza Carlos Calvo. Os campos que abranguen esa cooperación son variados. O proxecto ValGA, por exemplo, introduciu en 14 pemes galegas a metodoloxía da análise e xestión do valor, un enxeño creado para reducir custos nas empresas a través da motivación dos recursos humáns. Empresas como Aceriusa, Cerámica Verea, Construcións Fontenla, Intaf ou Mobles Hermida aproveitáronse desta posibilidade para optimizar o seu traballo.

Algúns deses proxectos van dirixidos a un público máis concreto. É o caso de Presupuesta.com, unha base de datos da construción que actualiza a oferta e os prezos do sector, que empregan máis de nove mil usuarios e que serve de canle de comunicación entre fabricantes de materiais, arquitectos, enxeñeiros, constructores, instaladores ou técnicos da Administración. É algo así como un xigantesco escaparate de produtos e servizos, útil para a confección de orzamentos e accesible, tamén, a través dunha conexión a Internet. “É un proxecto redondo”, sentenza Carlos Calvo antes de engadir: “É novedoso, pioneiro e único en España non só cando empezamos con él fai catro anos senón tamén a día de hoxe”. Trinta empresas do sector, entre elas ABN Pipe, Roca, Knauff, Uponor ou Technal publican os seus catálogos a través de Presupuesta.com.

Gabinete de Comunicación do Igape (Consellería de Economía-Xunta de Galicia), 2006-12-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES