
Special Olympics Galicia, entidade sen ánimo de lucro que traballa pola integración das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte e do ocio e tempo libre, fallou hoxe o XI Certame de Tarxetas de Nadal 2006.
A sede da entidade acolleu a deliberación do xurado integrado polo Director Xeral de Acción Social, D. Bieito Seara Formoso e integrantes da Xunta Directiva de Special Olympics Galicia, entre os que se atoparán o seu Presidente, Eladio Fernández Pérez, e o Vicepresidente, Julio C. Cortiñas López. No Undécimo Certame de Tarxetas de Nadal participaron más de 800 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia.
O Certame contou con dúas categorías: A. Todas as persoas con menos de 20 anos e B. Todas as persoas de 20 anos endiente; así como se estableceron tres modalidades de participación: MODALIDADE 1: Debuxos en papel ou cartulina, cun tamaño máximo de DIN A4, a toda cor. MODALIDADE 2: Debuxos realizados con apoios técnicos (informática...) e/ou apoios humáns (en canto a idea, trazados, etc..) (Débese especificar o tipo de apoio). Os debuxos realizaranse sobre papel ou cartulina tamaño máximo DIN A4, a toda cor. Os debuxos serán orixinais, non exportados de programas informáticos nin calcados. MODALIDADE 3: Debuxos realizados con calquera tipo de material alternativo (papel reciclado, adornos...). Os traballos presentados nesta modalidade non se imprimirán.
A clasificación do XI Certame de Tarxetas de Nadal 2006 Special Olympics Galicia foi a seguinte:
CATEGORÍA A MODALIDADE 1
1º. David Lafuente Agrasar (Apader Cedeira)
2º. Isabel Gago Doval (Apacesco Betanzos)
3º. Antonio Núñez Toucedo (Saladino Cortizo Vigo)
CATEGORÍA A MODALIDADE 2
1º. Antonio Romero Rodríguez (San Francisco Vigo)
2º. Pablo Giradles Cortizo (Valle Miñor Nigrán)
3º. Yasmin Quintas Mariño (Saladino Cortizo - Vigo)
CATEGORÍA A MODALIDADE 3
1º. Laura Pena Vicente (Aspronaga A Coruña)
2º. Daniel García (Aspronaga A Coruña)
3º. Eloy Rodríguez Represas (Aceesca Porriño)
CATEGORÍA B MODALIDADE 1
1º. Luis Alfonso Fernández Núñez (Asfaval Vilamartín de Valedoras)
2º. Milita Carral Timbraos (Aspanane Viveiro)
3º. Miguel Ángel Abad Gómez (Asdeme Chantada)
Accesit Elena Dans Montero (Aspronaga A Coruña)
Accesit Ángeles Rey Ares (Apacesco Betanzos)
Accesit Patricia García Saco (Virxe da O Pontevedra)
CATEGORÍA B MODALIDADE 2
1º. Luis Fernández Boullosa (Capd Redondela)
2º. Ana María Fernández Recarey (Afadi Lugo)
3º. Marta Coto Burgos (Aceesca Porriño)
CATEGORÍA B MODALIDADE 3
1º. Eva María Fernández Dans (Aspronaga Coruña)
2º. Encarna Otero Piñeiro (Con Eles Vilagarcía de Arousa)
3º. José Ángel Pérez Álvarez (Aceesca Porriño)
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.