Notas de prensa

Presentación do documental Labregos do Mar

O venres 29 de decembro preséntase no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela o documental Labregos do Mar.

Están convidados tanto os interesados nesta estrea coma todos aqueles que colaboraron connosco e que por motivos de tempo non poidemos avisar (pois esta mesma tarde tivemos resposta da confraría para poder usar o seu salón). É por iso moi importante para nos que esta nota sexa publicada, para que todo o mundo se poida achegare disfrutar do documental.

Labregos do mar é un documental de 55 minutos de duración, dirixido por Cibrán Isasi e producido por Alén Filmes e Producións Zopilote.

Costeira é o nome da campaña da pesca do bonito que se fai cada verán. A maioría dos barcos dedicados a este tipo de pesca teñen a súa base no porto de Burela. Os boniteiros son pequenos barcos cuns dez ou doce tripulantes que perseguen o peixe por todo o Atlántico, comezando polas Illas Azores no mes de Xuño e rematan en Outubro fronte ás costas de Irlanda. O xeito de pescar o bonito na actualidade –utilizando grandes cañas cun cebo para atraer os peixes- é moi similar ó que se utilizaba hai moitos anos.

Neste documental quixemos ensinar en que consiste e como se vive unha costeira do bonito, as descargas de peixe, a subasta, pero tamén a pesca. Armadores, subastadores, xente do mar, pero tamén os mariñeiros e as súas familias cóntanos como é a súa vida, as súas vivencias, como é a vida en alta mar e cando están en terra.

Para reflectir con precisión como é a pesca do bonito estivemos embarcados a bordo do “Pachilán”, un boniteiro de Burela. No barco convivimos cos mariñeiros e escoitamos as súas vivencias.

FICHA TÉCNICA:

“Labregos do Mar”

Duración: 55 minutos.
Formato: HDV

Director: Cibrán Isasi.
Guión: Carlos Ares, Cibrán Isasi.
Música: Santi Jul, Iván Laxe
Produción executiva: Carlos Ares, Diego Méndez
Director de fotografía: Aberto Castro.
Montaxe: Marcos Losada
Son: Santi Jul.
Xefe de Producción: Martín Ramudo.
Produtor: Paco Jul.


Producción Labregos do Mar, 2006-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES