Notas de prensa

Patricia Esquivias exhibe Folklore en DF Arte ata o 3 de febreiro de 2007

Patricia Esquivias: «FOLKLORE». Do 22 de decembro 2006 ao 3 de febreiro 2007.

FOLKLORE é unha serie de «vídeos informativos» sobre España que nos amosan
«eventos de importancia relativa que adoitan permanecer na memoria do pobo pero non nas enciclopedias».

Estes vídeos están realizados no estranxeiro, narrados en inglés por unha española con acento e subtitulados en español. Con FOLKLORE, Patricia Esquivias remarca «a relación intrínseca entre a historia e as historias dun país. Narrar unindo chisme e historia, partindo de temas aparentemente banais que funcionan como acceso a temas abstractos» e invítanos a «retomar eventos perdidos na nosa memoria e actualizar a súa importancia».

Os feitos escollidos para a realización dos vídeos son «situacións concretas representantes da esencia de España. Eventos que están tan embebidos do cotián español que resulta imposible non describir España a través deles».

Para lle dar forma ao proxecto, a artista investiga utilizando como ferramentas «a miña memoria, a dos que me rodean e internet, deste xeito recompilo datos que paso a notas. Sen guión, soamente coa axuda das notas, relato para a cámara a historia, fiada con estes datos. Finalmente, na edición, ilustro o vídeo con imaxes sacadas de internet».

BIO. Patricia Esquivias. 1979

Estudos
2006. Skowhegan School of Painting and Sculpture
2005 - 2007. California College of Arts MFA Candidate
1998 - 2001. Central Saint Martins College of Art and Design Bachelor in Arts (Honours) Arts and Design
1997- 1998. Chelsea College of Art and Design Diploma in Foundation Studies

EXPO INDIVIDUAIS
2006. _Let me make you and your car in Spanish Style_ Playspace, San Francisco, E.E.U.U. 2004. _Temporalmente Hawaii_. Centro Arte Joven Av. de América, Madrid 2003. Futbol de papel. Ler Devagar, Lisboa
2002. ¡Mira, mira! . Espacio F, Madrid

EXPO COLECTIVAS
2006. OK! Quoi?, Struts Gallery. New Brunswick, Canada Certamen Artes Plasticas Pollença. Mallorca, España Material World, French Alliance. San Francisco, E.E.U.U. Death by tealight. San Francisco, E.E.U.U. Pixapins, Photoespaña 06. Madrid
Mañana es demasiado tarde. Madrid
2005. 24th St. promenade. Triple Base, San Francisco, E.E.U.U.
Air Container. Museo Raúl Anguiano, GDL, México
Video Nuit _Adding up_. Niza, Francia
2003. Guasipichai. Fernando Sexto, Madrid
Hecho por mano_. Galería Artificial, Madrid

BOLSAS E PREMIOS
2006. Skowhegan Fellowship, E.E.U.U.
Merit Scholarship, California College of Arts
2005. Fulbright / Ministerio de Cultura - ampliación de estudos en E.E.U.U.
Merit Scholarship, California College of Arts.
Bolsa do goberno Mexicano - Residencia en O.P.A. Guadalajara, México.
2003. Obradoiro Ajustes de Realidad por Mireya Masó, Murcia.
2002. Accésit Escultura, Jóvenes Creadores Madrid.

COMISARIADO
2001- 2005. Fundadora e co-directora, xunto con Manuela Moscoso, do proxecto los29enchufes.

Bolsas:
2005. Inéditos 2005, Fundación Caja Madrid - axuda a comisarios. 2003.
_AYUDAS_ Fundación Arte y Derecho - desenrolo do proxecto los29enchufes.

DF Arte Contemporánea, 2006-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES