Notas de prensa

A revista Tempos Novos presenta nova etapa co seu número de Nadal na Fundación Torrente Ballester

A revista galega Tempor Novos abre o 19 de decembro unha segunda etapa dende a súa nacencia en 1997. Ás 19:30 a publicación celebra na Fundación Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7) a saída do número 115, con novo formato, seccións e colaboradores, e máis páxinas.

A revista Tempor Novos presenta nova etapa co seu número de Nadal na Fundación Torrente Ballester. Abre, así, o 19 de decembro, unha segunda etapa dende a súa nacencia en 1997. Ás 19:30 a publicación celebra na Fundación Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7) a saída do número 115, con novo formato, seccións e colaboradores, e máis páxinas. Asemade, presenta cabo del o suplemento de libros Pro-texta, que con periodicidade trimestral consultará o estado das letras galegas e internacionais, mediante dúas entrevistas e case corenta críticas de obras literarias e ensaísticas.

Durante nove anos, a arela de TEMPOSnovos foi interrogar con independencia o pulso político do país. Pasaron polas súas páxinas o fraguismo, o Xacobeo, a Compañía de Radio e Televisión de Galicia, a LOU, as Vacas Tolas, a catástrofe do Prestige e Nunca Máis ou os incendios, sempre dende o compromiso coa cidadanía. E a investigación xornalística que centra o número 115 esculca a especulación urbanística que se estende en Galicia. Amais, completan a publicación as entrevistas con Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, e con Comba Campoy, actriz e periodística. Unha nova sección, “Redes Cívicas”, tenta representar na revista a voz da sociedade civil e das súas organizacións autónomas.

Pro-texta, o novo suplemento de libros que será trimestral e de balde para subscritores, conta coas entrevistas ao escritor e filósofo sueco Jostein Gaarder e mais á poeta galega María do Cebreiro, que vén de publicar Hemisferios. Tamén é examinada a relación contemporánea entre literatura e memoria, cuxos representantes máis coñecidos resultan Silvio Santiago, Manuel Rivas e Suso de Toro. As novidades do mercado editorial galego e español, con case corenta reseñas, serán o esquelete desta nova iniciativa de TEMPOS.

Un traballo xornalístico independente e de calidade, de información para o debate, segue a guiar nesta etapa o rumbo revista. Os colaboradores e simpatizantes que fixeron posible este proxecto citaranse este martes coa continuidade dun produto que, dinámico e participativo, leva xa case dez anos dando moito que saber.

Departamento de Promoción de Tempos Novos, 2006-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES