Notas de prensa

Un total de 349 grupos e solistas aspiran a entrar na programación de Música ao vivo en 40 locais de concertos de Galicia

A Consellería de Cultura, a través do IGAEM, inicia en xaneiro este novo circuíto musical no que participan 70 formacións con preto de 1.000 recitais. A asociación Clubtura colabora na organización dos dous períodos anuais de actividade, un de xaneiro a xuño e outro de outubro a decembro.

Un total de 349 grupos e intérpretes aspiran a formar parte da programación da nova Rede Galega de Música ao Vivo, que inicia en xaneiro de 2007 a Consellería de Cultura e Deporte, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), en 40 locais e salas de concertos repartidos por toda a Comunidade autónoma. A iniciativa, na que poden participar finalmente un máximo de 70 formacións -preferentemente galegas de todos os estilos- está organizada xunto a asociación Clubtura e ten como obxectivo a realización de preto dun milleiro de actuacións no marco dun circuíto musical estable que serva de plataforma de promoción aos intérpretes e contribúa a optimizar a súa presenza no territorio galego.

Tralo éxito da convocatoria de preinscrición, que rebasou todas as expectativas de afluencia, ábrese o procedemento de selección dos 70 grupos cos que se conformará un catálogo artístico sobre o que os responsables dos espazos escollerán en última instancia aos artistas presentes en cadanseu local. Nesa oferta inicial prestarase unha especial atención aos valores emerxentes dentro do panorama musical galego, para os que se reservan 50 prazas; e tamén haberá lugar para formacións de traxectoria máis consolidada, categoría na que quedarán seleccionados 20 grupos, dos que o 25% poderán ser de fóra de Galicia. Cada unha das modalidades implica distintas condicións económicas na contratación e nos prezos de venda de entradas ao público.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A comisión que realizará o traballo de selección contará con 8 integrantes (4 representantes da Consellería de Cultura e Deporte e 4 persoas externas de prestixio recoñecido no ámbito da música). Os criterios de inclusión que manexará son os de residencia en Galicia, interese cultural vinculado, oportunidades de promoción, calidade e traxectoria da formación, pluralidade estilística e pluralidade lingüística canto á presenza e promoción da lingua galega.

Coa oferta de grupos dispoñible, cada sala confeccionará a súa programación anual, deixando fóra o período de verán e repartíndoa en dúas temporadas: a primeira de xaneiro a xuño cunha contratación mínima de 7 grupos e unha segunda de outubro a decembro con alomenos 5 grupos. Cada unha das formacións finalmente contratadas ha de ter un mínimo de 10 concertos no global da programación.

SALAS EMBLEMÃTICAS

A posta en funcionamento da "Rede Galega de Música ao Vivo” contribuirá ao artellamento dun circuíto estable de distribución musical, o que permitirá unha mellora na penetración territorial dos intérpretes, ao tempo que posibilitará estratexias de promoción que beneficien o coñecemento da programación entre o máximo público potencial para este tipo de eventos.

Figuran adheridos xa a esta rede un total de 40 salas, nunha relación aberta a novas incorporacións, e na que están presentes tanto locales pioneiros e emblemáticos na programación de concertos en directo como os novos espazos que nos últimos anos comezaron unha actividade máis ou menos normalizada canto á programación musical para público reducido.

Nunha clasificación por provincias, 12 pertencen á da Coruña (Borriquita de Belén, Sala Capitol, Sala Nasa e Casa das Crechas, en Santiago; Pub D’Anton, en Laracha; Sala Dzine, en San Sadurniño; Forum Celticum, en Culleredo; Garufa, Jazz Filloa, Jazz Vides e Mardigrass en A Coruña; e Pub Gatos, en Melide), 1 á de Lugo (Clavicémbalo, en Lugo), 4 á de Ourense (Roi Xordo, en Allariz; Sala Clan, en Xinzo da Limia; e Torgal e Miudiño, en Ourense) e 23 á de Pontevedra (Bar Liceum, no Porriño; Barriga Verde, en Lalín; Ache, en Marín; Aturuxo, en Bueu; Contrabajo, La Iguana Club, La Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate Club, Manteca Jazz, El Ensanche, Verbum Jazz Café, Verbum Náutico, La Central e Remache, todas en Vigo; Estarlux e Karma, en Pontevedra; Marrucho, en Baiona; Náutico, en O Grove; Woodstock, en Portonovo; Zona Zero, en Caldas de Reis; O Con do Moucho, en Vilagarcía de Arousa; Sala Son, en Cangas do Morrazo; Verbum Abetos, en Nigrán.

Gabinete de Comunicación do Igaem (Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia), 2006-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES