Notas de prensa

Un preacordo permitiu a desconvocatoria de folga no sector de matadoiros de aves e coellos

FTA-UGT destaca que con este preacordo os traballadores gañarán poder adquisitivo. En menos de cinco anos a categoría de axudante, ocupada no 80 por cento dos casos por mulleres, equipararse á de auxiliar de zona. Eliminarase así unha das principais causas de discriminación salarial que existía no sector.

A Federación galega de Traballadores Agroalimentarios (FTA) informa que un preacordo coa patronal fixo posible a desconvocatoria da folga no sector de matadoiros de aves e coellos que estaba prevista para esta semana e que en Galicia afectaría a 1.000 traballadores e en todo o Estado a uns 25.000.

Neste preacordo prevese a inclusión no convenio colectivo do dereito das traballadoras vítimas de violencia de xénero a reducir a xornada laboral ou a adaptación dos seus horarios de traballo para asistir a centros de axuda públicos ou privados. Neste mesmo senso se actuará cos permisos retribuídos para a asistencia a exames prenatais.

Tamén se chegou ao acordo de eliminar do texto do convenio redaccións obsoletas ou contraditorias coa actual lexislación laboral e que a vixencia deste convenio será de tres anos.

No referente á parte económica, os incrementos salariais serán do IPC real máis 0,60 puntos cada ano. Isto permitirá que a suba que disfruten os traballadores a partir de 2007 se achegue ao 3,5 por cento, o que facilitará a mellora do seu poder adquisitivo con incrementos por enriba do aumento dos prezos.

En relación ás diferenzas entre as categorías de auxiliar de zona e axudante, estas eliminarase en cinco anos pero en termos económicos acurtaranse en catro anos, xa que durante os primeiros tres anos a diferenza irase reducindo un 25 por cento e nos últimos anos o 12 e o 50 por cento. Quedando deste xeito para o último ano unha cantidade practicamente simbólica.

Esta última medida é especialmente importante porque abre unha porta á eliminación das discriminacións salariais entre homes e mulleres que se rexistran no sector. Non se pode esquecer que a categoría de axudante corresponde no 80 por cento dos casos a mulleres e a súa equiparación á escala inmediatamente superior suporá unha mellora significativa nas súas condicións laborais.

FTA-UGT, 2006-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES