
A obra En la cuenca de tus ojos, dos coreógrafos Alexis Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez e Ana Beatriz Pérez, resultou gañadora do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia que organiza o IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) da Consellaría de Cultura e Deporte. Os galardoados con este primeiro premio, polo que recibirán 4.000 , forman parte da compañía coruñesa Inquedanza, coa que están a representar a coreografía gañadora por diferentes escenarios galegos dende o pasado mes de abril.
Cunha dotación económica de 2.500 , o segundo premio foi para a peza Ayer y hoy, creada e interpretada polas madrileñas Verónica Garzón, Mireia Sans Aleu e Edurne Sanz. Tamén dende Madrid chegou a proposta galardoada co terceiro premio deste certame, Éxodos, presentada por Francisco Leiva e interpretada por el mesmo xunto a María Arcos, María González, Marta Gómez e David Amandi. Leiva recibirá 2.000 por este terceiro posto.
BAILARINA SOBRESAÍNTE
O xurado integrado pola bailarina e coreógrafa Maruxa Salas, como presidenta, e por Begoña Acuña, presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Danza; Vicente Colomer, representante da Asociación de Profesionais da Danza Escénica; Natalia Balseiro, coordinadora da unidade de produción de danza do IGAEM; e María Paredes, coordinadora de programación do IGAEM, como vogais recoñeceu, ademais, o labor interpretativo de Ana Beatriz Pérez na obra gañadora, outorgándolle o premio ao/á bailarín/a sobresaínte, dotado con 1.500 .
En la cuenca de tus ojos, inspirada nas diferentes sensacións que arrodean ao amor como sentimento e ao arrepentimento polos erros cometidos coa persoa amada, está interpretada polos seus catro creadores, todos eles de orixe cubana e afincados en Galicia, onde na actualidade desenvolven a súa actividade profesional como coreógrafos e bailaríns.
Esta peza, que obtivo tamén o primeiro premio no V Certame Internacional de Coreografía Burgos-New York 2006, intégrase nun espectáculo máis amplo que, baixo o mesmo título, está a escenificar dende o pasado mes de abril a compañía Inquedanza baixo a dirección de Armando Martén. Así, por exemplo, En la cuenca de tus ojos insírese na programación de Rededanza, promovida polo IGAEM, dentro da que poderá verse o vindeiro día 22 de decembro no Auditorio-Pazo de Congresos de Ourense.
O Certame de Creación Coreográfica, o único das súas características en Galicia, organízase anualmente como plataforma de exhibición de novas creacións co obxectivo de incentivar a actividade profesional neste sector artístico, así como a investigación, a innovación e as postas en escena imaxinativas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.