
Como vén sendo habitual, coa chegada do outono, o episodio tóxico por DSP (toxina diarreica), que deu comezo ao remate do verán, foi adquirindo maior incidencia, extendéndose na práctica totalidade das rías galegas, ata o punto de ter que pechar todas as subzonas de produción de moluscos en batea, agás as situadas na parte máis interna das rías de Arousa e Vigo.
O cambio das condicións oceanográficas que se deu a partires dos últimos días de outubro, propiciou que as poboacións fitoplanctónicas, portadoras de toxina, foran reducíndose de maneira importante, de xeito que os niveis de biotoxina en moluscos comenzaron tamén a descender de forma apreciable, o que permitiu a paulatina reapertura de zonas.
Esta mellora da situación veuse confirmar de xeito concluínte a pasada semana, que arrancaba con 25 subzonas de produción pechadas, o luns día 13, das que tan só 6 permanecen aínda nesa situación. Polo tanto, podemos destacar que ata o momento o 88% das zonas de produción atópanse abertas.
En concreto, a situación dos polígonos de bateas é a seguinte:
Ría de Ares-Betanzos: Están abertas as dúas zonas de produción existentes, Sada A e Sada B.
Ría de Corme-Laxe: A única zona de produción que hai nesta ría, Corme B, permanece aberta dende o pasado día 15 de novembro.
Ría de Muros-Noia: A zona I (Muros B) continúa pechada, pero as zonas II (Muros A) e III (Noia A) están abertas dende o martes día 14.
Ría de Arousa: As únicas subzonas pechadas son IX.2, IX.3, IX.4, é dicir, Grove C2, Grove C3 e Grove C4. As demáis zonas están abertas, sendo as últimas subzonas en incorporarse a esta situación as I.1 e I.2 (Ribeira B e C) e II.1 (Pobra H), que o fixeron o pasado mércores día 15; a VII.1 (Cambados C Norte) aberta o xoves 16; e a VII.2(Cambados C Sur) e a IX.1 (Grove C1) que abriron o sábado 18.
Ría de Pontevedra: Tan só permanece pechada en Pontevedra a subzona II.2 (Bueu A2). As demáis zonas de produción están abertas: a subzona III.3 (Portonovo C) abriu o mércores día 15; as subzonas III.1 (Portonovo A) e III.2 (Portonovo B) puideron ser abertas o día 16; as subzonas I.1 (Cangas A) e I.2 (Cangas B), correspondentes á Ría de Aldán, abriron o día 17; e as subzonas II.1 (Bueu B) e II.3 (Bueu A1) abriron o sábado día 18.
Ría de Vigo: Tódalas zonas están abertas agás a subzona I.1 (Cangas F) na enseada de Liméns, que continúa pechada. As últimas subzonas en abrirse foron as I.2 (Cangas G) e I.3 (Cangas H) que o fixeron o pasado día 14 de novembro.
Finalmente, a zona de produción ubicada na Enseada de Baiona está aberta dende o pasado día 3 deste mesmo mes.
Para maior información do estado das zonas de produción de moluscos poden visitar a páxina web do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (www.intecmar.org) na Consulta do estado de zonas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.