Notas de prensa

O piragüismo galego únese para protestar contra a lamentable política de subvencións da Dirección Xeral do Deporte

O luns 20 de Novembro compareceron en rolda de prensa os representantes dos clubes galegos de piragüismo para protestar contra a politica de axudas da Dirección Xeral do deporte da Xunta de Galicia.

O piragüsimo galego, a pesar de estar metido de cheo en pleno proceso electoral deixa a parte por un dia as súas diferencias para unirse e mostrar a súa indignación perante as axudas que decidiron repartir os responsables do deporte galego, que nalgúns casos poderían chegar a ser calificadas de ridículas, entre os clubes galegos de piragüismo. Case sen excepción todolos clubes viron recortadas a súas suvencións a pesar de aumentar a actividade, mellorar os resultados e por conseguinte aumentar os gastos. As axudas repartidas este ano son totalmente anacrónicas e non chegan nin para cubrir o 10% dos custos que asumen os clubes so en gastos de desplazamento para participar nas distintas competicións oficiais.

Se non hai cartos está ben dicilo, pero o que non se pode aturar é que non se valore obxectivamente o extraordinario traballo efectuado polos clubes nun deporte coma o noso cuns valores tan destacables coma o de non discriminar á muller e o grande traballo na promoción cos mais pequenos. Ainda por riva todo elo sustentando nos mellores resultados a nivel nacional e internacional que calquera galego se pode imaxinar. Coma contrapartida unhas axudas vergonzantes e que sen dúbida poñen de manifesto o mal trato da Xunta de Galiza co piragüismo, insistimos, o deporte que máis exitos nacionais e internacionais leva dados o deporte galego. Entendemos que para vestir outros santos non se pode abandonar de esta maneira ó Piragüismo Galego, cando é a única modalidade deportiva galega con Campeons Olímpicos e a que ten acadado mais medallas internacionais en Campionatos de Europa e do Mundo.

Ó ano perdido nas obras da pista de Verducido coas consecuencias negativas que iso conleva (non poder disfrutar os clubes galegos dunhas instalacións ata agora inexistentes na nosa terra a pesar das medallas olímpicas acadadas nesta modalidade, e cuns Campeonatos de Europa que se van celebrar por primeira vez en Galiza ás portas) únese a clara falta de coñecemento da realidade do noso deporte e das súas necesidades a pesar de presumir coma propios os éxitos acadados polos nosos deportistas, técnicos e arbitros ó máis alto nivel internacional e nas diversas disciplinas que comprende o noso deporte.

De augas tranquilas e de augas bravas, de modalidades olímpicas e non olímpicas, dende as máis relevantes ata as máis descoñecidas, clubes grandes e pequenos, esta rolda de prensa so pretende por en coñecemento de todos que os clubes galegos de piragüismo se senten esquecidos pola Xunta de Galiza, e moi descontentos cas axudas recibidas e o trato dispensado nestes meses. Se temos en conta a disminución das cantidades, e o aumento dos costos e do esforzo realizado, estas axudas quedan moi lonxe do razoable. Por este motivo caseque 40 clubes galegos quixeron manifestar o seu descontento ca xestión das axudas e co trato dado ó noso deporte dende a Dirección Xeral do Deporte.

Campeonatos de España por equipos e individuais, campeóns das Copas das distintas disciplinas, triunfadores e dominadores de caseque todolos podiums das distintas disciplinas deste deporte a nivel nacional, con deportistas que acadan éxitos co equipo nacional inimaxinables noutros deportes i en todalas categorías demostrando que non só hai presente, se non que o noso traballo está xerando futuro. Unha loita de cada ano á que se une a misión imposible de cadrar as contas nun deporte económicamente tan exixente para as xuntas directivas tanto no aspecto económico coma no persoal.

Sacar a un rapaz a auga ten uns costos que nunca son inferiores os 600€, e son centos os nenos e nenas galegos que cada xornada toman a saida nas ligas galegas e estatais de piragüismo. Un esforzo, o das directivas dos clubes, nunca recompensado. Pero cando ves sendo un dos mellores clubes de España na tua especialidade deportiva, logo de percorrer miles de kilómetros con rapaces e rapazas en furgoneta, e cun remolque cheo de piraguas e ilusión comprobas que este esforzo se ve recompensado con axudas que nalgúns casos apenas superan os 600 euros. Máis que unha axuda, é unha chamada a desmotivación. Non se olviden que non so estamos formando deportistas, estamos formando nuns valores tan sanos e nobles coma os do deporte as persoas que van ser a Galiza do futuro.

O listado de clubes que estiman que as axudas concedidas pola Dirección Xeral do Deporte no ano 2006 non son suficientes para a actividade desenrolada polos clubes de piragüismo é a seguinte:

1. As. de Atletismo e Deportes do Barbanza
2. Clube Augas Bravas Salvaterra
3. Clube Arrepións Augas Bravas
4. Club Breogán Outón Xunqueiriña
5. Clube Cofradía de Pescadores de Portonovo
6. Clube Copacabana
7. Clube de Mar Ría de Aldán Hnos Gandón
8. Clube de Piragüismo Cambados
9. Clube de Piragüismo Rianxo
10. Clube de Piragüismo Taxamar
11. Clube de Piragüismo Viveiro
12. Clube de Piragüismo Naturmaz
13. Clube Deportivo Miño Teixugos Diz Formoso
14. Club Expeditia
15. Clube Fluvial de Lugo
16. Clube Fluvial de O Barco
17. Clube de Mar Ría de Muros – Noia
18. Clube kayak de Foz
19. Clube Kayak Tudense
20. Clube Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa
21. Clube Lucus Kayak Polo
22. Clube Náutico de Cobres
23. Clube Nautico Firrete
24. Clube Náutico O Muiño de Ribadumia
25. Clube Náutico Rodeira de Cangas
26. Clube Náutico Umia de Caldas de Reis
27. Clube Nordes Kayak de Mar
28. Clube Piragüismo Amextreme
29. Clube Piragüismo Lugo Leche Rio
30. Clube Piragüismo Illa de Arousa
31. Clube Piragüismo Morcego
32. Clube Piragüismo Naturmaz
33. Clube Piragüismo Penedo
34. Clube Piragüismo Poio Alianza Española
35. Clube Piragüismo Vilaboa
36. Clube Ribeiras do Tambre Terneira Galega
37. Clube Tea de Mondaríz Balneario
38. Escola Ourensana Municipal de Piragüismo
39. Sociedade Deportiva Grupo de Empresas Astano
40. Sociedad Deportiva las Jubias

A este listado de clubes sin dúbida habería que sumar muitos dos clubes cos que ou ben ainda non sabían no día da convocatoria a canto ascendía a axuda que lles correspondería percibir, os que non se puderon mostrar totalmente decididos no momento de pornos en contacto con eles por diferentes razóns, e os que directamente e por distintos motivos non nos poidemos por en contacto con eles.

Tamén forman parte de esta lista pequenos clubes que non solicitan a axuda porque estiman xa de antemán que o esforzo necesario para soicitalos e o enfarragoso do papeleo non compensa unha axuda que nalgun caso sería inferior ós 300 €.

Xose Henrique Rodríguez Portela (Presidente do Clube Deportivo Miño), 2006-11-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O conselleiro Román Rodríguez visitou co catedrático de Biotecnoloxía da Universidade de Pensilvania, o galego César de la Fuente, o Centro de Supercomputación de Galicia para firmar un convenio de colaboración entre a Xunta e esta institución académica estadounidense. Durante a visita, o investigador, pioneiro no emprego da IA para o desenvolvemento de antibióticos, puido coñecer as instalacións do centro co que colaborarán para acelerar o descubrimento de antibióticos fronte a bacterias resistentes.
Foto de la tercera plana (rozas-ciar.JPG) A nova estratexia establece cinco grandes obxectivos para os próximos cinco anos. O primeiro deles é impulsar a creación de novas empresas e o crecemento das que xa existen no ámbito do aeroespazo, da seguridade e da defensa. Na actualidade a Comunidade galega suma 115 centros de traballo xa dedicados ao sector, pero nos vindeiros anos esta cifra podería incrementarse, xa que unhas 150 empresas contan con potencial para incorporarse a este ámbito industrial. O segundo dos obxectivos busca que as industrias que operan neste ámbito diversifiquen a súa produción.

Notas

Baixo o lema de 'Outra ciencia é posible', a Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET) e a Sociedade Ibérica de Ecoloxía (Sibecol) reunirán entre o 2 e o 5 de xuño máis de 800 investigadoras e investigadores no Pazo da Cultura de Pontevedra, co propósito de debater sobre como, desde o campo da ecoloxía, pode promoverse un futuro máis inclusivo e sostible para a investigación científica.
O Campus Terra da USC será campus de especialización por catro anos máis. Así se acordou no Consello da Xunta que este luns 12 se desenvolveu no Pazo de Montenegro. A decisión tómase logo da visita, a comezos de ano, dun Comité Avaliador que percorreu distintos centros da sede universitaria luguesa, ademais de participar en xuntanzas con grupos de investigación, empresas ou colectivos de mocidade investigadora, entre outros.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES