
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou no establecemento Casa Gasamáns de Negreira (A Coruña) a campaña de promoción do Turismo Rural e o ambiente Este Nadal regálalle unha árbore a Galicia, que en colaboración coa Asociación Galega de Turismo Rural (AGATUR) e a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) se estenderá ata o vindeiro mes de febreiro en 200 aloxamentos rurais galegos.
Esta iniciativa é froito de senllos acordos de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, e os colectivos de propietarios de Turismo Rural, logo da vaga de incendios forestais que rexistrou o territorio galego o pasado mes de agosto.
Por medio desta campaña preténdense incentivar as estadías na rede de aloxamentos rurais de Galiza e reafirmar a imaxe do Turismo Rural logo dos incendios forestais do pasado verán, vencellando este subsector turístico directamente co ambiente natural.
Accións
Durante a vixencia desta promoción turística, os viaxeiros que se aloxen nos establecementos adheridos terán a oportunidade de plantar unha árbore no contorno do aloxamento rural, contribuíndo así ao incremento da masa forestal do territorio galego.
Esta campaña promocionarase a través dos medios de comunicación galegos e do resto do Estado, así como nas distintas feiras turísticas, axencias de viaxes e outras canles de comercialización turística.
Esta iniciativa da Consellería de Innovación e Industria e as asociacións de propietarios de Turismo Rural de Galiza contribuirá tamén a favorecer a desestacionalización do sector que se rexistra nos períodos de menor demanda.
Todas as persoas que desexen participar nesta promoción poderán reservar as súas estadías a través da Central de Reservas de Turgalicia, no teléfono 902 200 432.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.