Notas de prensa

Nélida Piñón protagoniza o documental Scherezade en Galicia, coproducido por TVG, Tatzen e Ibisa Tv

Rodado en Río de Xaneiro e en Cotobade, berce da escritora galego-brasileira. Dirixido por Valentín Carrera, conta coa participación de Carmela Pardal; a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e os escritores Suso de Toro e Luis G. Tosar.

Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñóné un documental coproducido por IBISAtv, Televisión de Galicia e a produtora valenciana TATZEN, dirixido por Valentín Carrera, e que conta coa participación especial de Nélida Piñon, Carmela Pardal, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar.

Preséntase o venres 17 de novembro, ás 19:30 hs da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago, cunha primeira proxeción pública, seguida dun coloquio coa protagonista deste documental, que xira sobre a vida da escritora galego-brasileira Nélida Piñon.

O Orograma estrearase na Televisión de Galicia, no espazo Galicia documental que se emite os sábados ás 16:00 hs da tarde. Ó longo de 27 minutos, Scherezade en Galicia retrata a Nélida ó traveso das súas propias verbas: así, aparece sucesivamente a Nélida pícara, a comprometida socialmente, a que escribe, a nova Scherezade, a que quere ser Simbad e a nena que viviu na aldea de Galicia onde naceron os seus avós, Cotobade.Nélida é todas elas, na procura de saber, finalmente, de verdade, quen son eu.

Unha moderna Scherezade galega

Agosto de 2006. Amence en Río de Xaneiro. Nélida Piñon, brasileira recente, é unha muller que escribe na súa casa. Toda a súa vida foi escritora. Unha Scherezade imaxinaria -a quen dá vida a xornalista compostelana Carmela Pardal-, indaga de ónde lle veñen as palabras e as ideas que deixa escritas. Esta moderna Scherezade é a voz narradora: unha voz feminina e cálida que se expresa en galego e ó longo do documental, en delicado contrapunto ó doce acento brasileiro de Nélida.

O retrato comeza na casa de Nélida en Brasil, na Lagoa, onde aparece a Nélida nena e a súa infancia, chea de lembranzas . A segunda parte arranca coa chegada de Nélida a Galicia (eu non sabería vivir sen ter vivido en Galicia ós dez anos) e céntrase no libro A República dos soños, unha epopeia galego-brasileira co eixo da emigración, dos que gardan fidelidade a súa terra.

Aparece logo a relación de Nélida ca escritura, da que Suso de Toro di: Nélida compórtase sempre como unha escritora. As verbas son a materia do libro Voces do deserto e del, e da figura de Scherezade, muller libre e liberadora a través do relato, da palabra, é xustamente do que Nélida fala en compaña de Ánxela Bugallo.

Finalmente, aparece con rotundidade a dobre condición desta brasileiriña galega, ponte entre Galicia e Brasil, merecedora pola súa obra do Premio Príncipe de Asturias das Letras 2005.

Ibisa Tv, 2006-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES